O Silva, primeiro escollo na tempada

18 de Agosto de 2017

Processed with VSCO with  preset

 

  • Yago Iglesias: “Esperemos que o traballo estival se vexa reflictido na competición oficial”

Santiago de Compostela, ao 18 de agosto de 2018.

A tempada 2017/18 xa está aquí. Cunha semana de adianto respecto ao curso pasado, a SD Compostela encara un ano ilusionante no que esperan meterse en postos de playoff. Para iso, será importante que San Lázaro sexa un fortín e non deixar escapar puntos fóra da casa, un obxectivo que esperan ir cumprindo ao longo do curso grazas ao novo plantel, no que se mantén gran parte do bloque.

“En pretempada vimos moitas cousas traballadas o curso pasado. As sensacións foron boas, grazas ao traballo de atrás, que os xogadores teñen sistematizados, e que a xente nova colleu ben”, sinalou Yago.

Eses xogadores novos sumaranse aos trece renovados, conformando “un plantel curto” pero que dará un salto de calidade, xa que segundo apunta o adestrador “veñen para achegar algo que criamos que non tiñamos”. A pesar de que hai que velos en competición oficial, o corpo técnico coñecía ben aos sete, polo que saben o que poden aportar ao equipo.

Que debuten este domingo ou non, será outra cousa, aínda que o plantel de vinte integrantes, e as lesións de Ube e Diego Rey, abren o abano de posibilidades, incluído a Primo, xa recuperado do seu golpe no maxilofacial.

Os once que saian de inicio terán como primeira pedra de toque un Club Silva SD moi reforzado e que destaca polo mesmo arma que todos os anos, o seu poderío físico. “Os seus puntos fortes son a estatura, as xogadas a balón parado e o seu saber facer defensivo, ademais reforzáronse ben”, explica o adestrador branquiazul.

Aproveitando “a sorte” de comezar en casa, desexo do corpo técnico, esperan realizar un encontro no que “levemos o peso do partido e aproveitemos as nosas oportunidades”. Con todo, o míster sabe que aínda queda “coller rodaxe en San Lázaro”, xa que en pretempada só xogaron un encontro.

Cun once que, a pesar de non estar establecido, si que teñen máis ou menos claro, Yago e os seus axudantes esperan que chegue o domingo para comprobar que o traballo realizado ata agora se materialice con puntos na competición real. O desexo é manter a dinámica de San Lázaro comezando, deste xeito, con moi bo pé.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 week ago

SD Compostela
Feliz Día das #LetrasGalegas2025Unha lingua, unha cultura e unha identidade propias que nos identifican 🩵🤍Este ano está dedicado ás cantareiras, e por iso queremos compartir a serie documental 'Se canto é porque quero' da Real Academia Galega 🎥 academia.gal/comunicacion/videos/agrupacion-1730767 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 week ago

SD Compostela
BONOS CORAZÓN COMPOSTELA 2025 🩵🤍👉 Mañá, ás 9.30 horas, ábrese o prazo para adquirir os Bonos Corazón🙌 Poderás utilizalos na nosa TENDA OFICIALCada persoa pode descargar ata 3 bonos de 50€ (IVE incluído), cofinanciados nun 40% polo Pazo de Raxoi Dispoñibles ata o 16 de xuño ou ata esgotar o saldo➕ℹ️ en bonoscorazoncompostela.gal#tendaoficialcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 weeks ago

SD Compostela
Sempre nas boas. Sempre nas malas. Sempre Compos 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/05/05/sempre-nas-boas-sempre-nas-malas-sempre-compostela/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.