O debut soñado

20 de Agosto de 2017
Momento do gol de Sobrido. Foto: Amadeo Rey.
Momento do gol de Sobrido, nun encontro patrocinado por Percent Compostela. Foto: Amadeo Rey.
  • Rubén e Róber, na primeira, e Sobrido e Santi Gegunde, na segunda, foron os autores dos tantos.

Santiago de Compostela, a 20 de agosto de 2018.

O comezo soñado. Resultado avultado, gran xogo e goles en abundancia para comezar o campionato. A SD Compostela comezou a peregrinación cara ao seu soño cunha vitoria contundente ante o Club Silva por 4-1, na estrea en San Lázaro.

Nun partido no que debutaron os sete fichaxes, dous deles, Róber e Sobrido, anotaron un tanto cada un. Rubén e Santi Gegunde foron os outros dous goleadores, mentres que Lucas marcou o tanto visitante nun córner.

O comezo en San Lázaro foi fulgurante. Aos catro minutos, tras unha xogada embarullada, os nosos poñíanse por diante. Xogada na liña de fondo de Álex Ares, que consegue salvar o balón, o cal rebotou nun rival, caéndolle franco a Rubén, quen entrando desde atrás remachaba o balón ás mallas.

E dez minutos máis tarde, de novo tras unha xogada na liña de cal, esta vez de Primo, chegaba o segundo. O dianteiro cedía atrás para Rubén, pero ante o remate en semifallo deste, o balón quedaba morto para Róber, que empalaba ao fondo das redes. O porteiro coruñés rozaba o balón, pero non puido evitar que entrase.

Era o comezo soñado. O equipo dominaba co balón e nas ocasións, froito das cales puido aumentar a renda de non ser pola inspiración de Damián. O meta visitante sacou dous balóns cos pés a Primo, tras senllos remates de socato. Dous esforzos que se sumaron ao paradón do penalti. Xusto antes do descanso, Rubén era derrubado na área, tras adiantarse ao seu rival, e o árbitro decretaba o punto fatídico. Álex Ares, encargado de executalo, lanzou á dereita do porteiro, pero Damián sacábaa cunha gran estirada.

Con todo, á saída dos vestiarios, a tónica cambiou. A pesar de que era o Compos o que seguía tendo o dominio da pelota, os visitantes empezaron a achegarse máis pola área de Lucas. Aínda así, a primeira foi para os nosos. Primeiro Primo á contra e despois Uña, no córner posterior, non foron capaces de acertar coa meta.

Tras estes fallos, sería o Silva o que aproveitaba a súa ocasión máis clara e case única. Córner ao segundo pau, remate de Movilla ao traveseiro e Lucas empuxaba o balón na mesma liña de gol. Este tanto provocou uns minutos de angustia na bancada, pero nada máis lonxe da realidade. As galopadas do recentemente entrado Sobrido volveron sementar o pánico na defensa rival e así chegaría o terceiro. Balón en longo para o dianteiro, que deixaba sentado ao lateral cun magnífico regate e a metíaa no segundo pau cun disparo potente.

Co terceiro chegaba a tranquilidade, a cal foi maior co cuarto. Santi Gegunde, que tamén acababa de entrar, aproveitaba un erro da zaga, para adiantarse á cesión a Damián, regatealo e meter a portería baleira.

Houbo tempo para un quinto, pero o disparo de Mon coa destra saía rozando o pau de Damián e o cabezazo de Cardeñosa no desconto sacábao o porteiro cunha sensacional palomita.

Non chegou o quinto, pero o público saíu máis que satisfeito desta primeira posta a punto dos nosos. Gran comezo para situarnos na parte alta da clasificación. San Lázaro comeza sendo o fortín da pasada tempada.

FICHA TÉCNICA:

4- SD Compostela: Lucas; Sergio Pereira, Cardeñosa, Uña, Naveira; Casas, Mon; Róber, Álex Ares (Samu, m.85), Rubén (Sobrido, m.55); e Primo (Santi, m.80).

1- Silva SD: Damián, Lema, Lucas, Diego, Rebollo; Cardelle (C), Kata (Gabriel, m.77); Pedro (Movilla, m.33), Douglas (Real, m.46), Joao; e Álex.

Goles: 1-0: Rubén, min.4; 2-0: Róber, min.17; 2-1: Lucas, min.66; 3-1: Sobrido, min.77; 4-1: Santi Gegunde, min.82.

Árbitro: Gonzalo Villanueva, colexio pontevedrés. Amoestou a Primo, Naveira e Casas, polos locais, e Joao, Lema, Diego e Álex, polos visitantes.

Incidencias: Partido da primeira xornada de Liga de Tercera División disputado no Estadio de San Lázaro ante 400 espectadores. O encontro estaba patrocinado por Percent Compostela.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀 🎥🎙️ Rolda de prensa de Juan Carlos Andrés trala derrota e eliminación no playoff!!!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋S. D. Tarazona 2️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 Da forma máis cruel!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
▶️ 𝑨 𝑷𝑶𝑳𝑨 𝑺𝑬𝑮𝑼𝑵𝑫𝑨 𝑴𝑬𝑻𝑨𝑫𝑬!!!S. D. Tarazona 0️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀🙌 𝐔𝐍 𝐏𝐋𝐀𝐘𝐎𝐅𝐅 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐒𝐎Ñ𝐀𝐑 🙌⚔ SEGUIMOS A POR TODAAASSS!!! TODOS XUNTOOOSSS!!! ⚔#MakeComposGreatAgain #TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ 𝐃𝐄𝐒𝐂𝐀𝐍𝐒𝐎 ⏸️@sd tarazona 0️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 🙌 𝐔𝐍 𝐏𝐋𝐀𝐘𝐎𝐅𝐅 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐒𝐎Ñ𝐀𝐑 🙌#MakeComposGreatAgain #TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.