A terceira seguida cun partido sufrido

3 de Setembro de 2017
Momento do gol de Primo. Foto: Amadeo Rey.
Momento do gol de Primo. Foto: Amadeo Rey.

Santiago de Compostela, a 4 de Setembro de 2017.

Tres de tres. A SD Compostela logrou a súa terceira vitoria consecutiva tras superar no segundo encontro en San Lázaro a un gran Laracha. Nun partido no que o oficio superou ao bo xogo, os branquiazuis levaron os tres puntos, colocándose no segundo lugar da táboa con nove.

Tras unha primeira parte moi igualada, na que Álex Ares adiantara ao Compos e Ballesteros igualara, Primo anotaba o tanto da vitoria nun córner, no minuto 65.

Desde o comezo do encontro, a diferenza dos anteriores, xa se viu un fútbol máis trabado, sen dominio claro para ningún dos dous conxuntos. O Compos, menos preciso no pase, non era capaz de romper a muralla defensiva dos visitantes, os cales buscaban a rapidez arriba de Adrián Castro para xerar perigo.

Así, na primeira ocasión chegou o gol local. Un pase filtrado desde o medio era mal rexeitado polo central, caéndolle nos pés a Álex Ares. O mediapunta, tras avanzar uns metros, definía á perfección por baixo, adiantando aos seus no marcador.

Con todo, sen tempo para festexar, marcaron o empate. Enésimo balón en profundidade para Adrián, que esta vez foise de Uña, centrou raso forte e, ante o despexe de Lucas, Ballesteros pescaba o balón, para empuxalo á rede a portería baleira.

Co empate, o partido volveu pararse e, ata os últimos dous minutos, non veriamos máis achegamentos á área. Estes chegaron nunha contra remachada por Róber e un lanzamento de Ares desde a frontal que se foi arriba.

Con todo, á saída dos vestiarios, a dinámica cambiou. O Laracha saíu máis enchufado e ben puido adiantarse en varias ocasións. No 48, tras un saque de banda rápido, Adrián quedou só, cedeu para o seu compañeiro Patiño,  pero este atopouse cun gran Lucas que despexou a córner. Mentres, tres máis tarde, de novo Patiño teríaa aínda máis clara, cun balón que lle chegou franco ao punto de penalti. Con todo, sen porteiro, mandouna arriba.

O Laracha perdoou, pero non o fixo así o Compos. Tras un córner que chegara dun paradón co pé de Chema a tiro de Álex Ares, o Compos anotaba o segundo. Uña, no segundo pau, remataba para o punto de penalti e alí, o gladiador Primo, controlaba e marcaba coa súa perna dereita.

Co gol, o Compos veuse arriba e puido sentenciar por dúas veces. Primeiro Róber durmíase cando tiña todo de fronte, dubidaba entre rematar e pasala a Álex Ares, despexándoa o central. E un minuto máis tarde, Chema atrapaba un tiro de Mon desde dentro da área.

Tras non materializar, o Laracha puido empatar, pero primeiro David García, ao pau, e despois Adrián Castro, mandando unha volea fóra, non eran capaces de empatar o partido. Ademais, nestes minutos, o Laracha quedaría con dous homes menos, tras unha vermella directa a Dávid, por unha entrada a destempo sobre Mon, e a segunda amarela a Migui, tras un agarrón nunha contra.

Coa superioridade, o Compos tería dúas ocasións moi claras, en senllos mans a mans de Primo e Casas, pero ambos se atoparon cun gran Chema.

Así, o resultado non variou e o Compos levou os tres puntos. Terceira vitoria consecutiva, que o sitúa no alto da táboa xunto ao Bergantiños, e que permite seguir soñando. Con nove puntos, os branquiazuis veranse as caras a próxima fin de semana contra o Villalbés.

FICHA TÉCNICA

2- SD Compostela: Lucas, Sergio Pereira, Cardeñosa, Uña, Naveira; Casas, Mon; Róber, Álex Ares (Saro, m.86), Rubén (Tomás, m.54); e Primo (Santi, m.90).

1- Laracha CF: Chema; Antonio, Angeriz, Álex Sánchez, Juan; David García, Migui; Ballesteros (Taibo, m.78), Patiño (Iago Novo, m.67), Alvarito (Souto, m.74); e Adrián Castro.

Goles: 1-0: Álex Ares, min. 27; 1-1: Ballesteros, min.31; 2-1: Primo, min.65.

Árbitro: Álvarez Calderón, colexio vigués. Amoestou a David García e Migui con cartón vermello. O primeiro directo e o segundo por dobre amoestación. Ademais, amoestou a Álex Ares, Sergio Pereira, Cardeñosa e Primo, polos locais, e Alvarito, Álex Sánchez, Juan e Souto, polos visitantes.

Incidencias: Partido da terceira xornada de Liga de Terceira División disputado no Estadio de San Lázaro ante 900 espectadores.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.