Con ganas de pisar A Magdalena para manter a dinámica

8 de Setembro de 2017
Celebración do gol de Álex Ares ante o Laracha. Foto: Amadeo Rey.
Celebración do gol de Álex Ares ante o Laracha. Foto: Amadeo Rey.
  • Sobrido por Saro é o único cambio na convocatoria respecto do domingo pasado.

Santiago de Compostela, ao 8 de setembro de 2017.

O domingo non da chegado para unha SD Compostela que quere volver pisar o campo, buscando manter a dinámica deste comezo de ano. Despois de sumar tres vitorias nos seus tres primeiros encontros, o obxectivo está en lograr a cuarta, a segunda fora da casa, na Magdalena contra o Racing Vilalbés.

A pesar da dificultade da fazaña, Yago Iglesias e os seus mozos confían nas súas capacidades, como así o demostran as palabras do técnico na previa. “Na dinámica na que estamos, temos que loitar porque siga o máximo posible”, asegura. Para iso, o plantel “está a traballar ben entre semana”. Ademais, a fin de semana, “a xente que sae está a facelo ben, pero a que entra do banco tamén está a chamar forte á porta”.

A boa xeira Yago achácaa á continuidade do groso do plantel porque “está claro que esta filosofía é a que da mellores resultados”, explica. A maiores, o grupo é moi comprometido e hai moi bo ambiente.

Aínda así, o adestrador advirte que “o equipo ten marxe de mellora. Levamos só dous meses traballando, polo que a medida que pasen as semanas e nos coñezamos mellor, o conxunto vai mellorar”.

A calidade deste grupo permite a Yago elixir os xogadores segundo “a formulación que queremos de partidos, o rival ao que nos enfrontamos e o campo”. Para esta ocasión, os elixidos serán aqueles que mellor se adapten a un “campo grande, con bo piso e dos mellores da categoría”. Ademais, en fronte terán a un rival con “moita experiencia, con poucos cambios, no que se nota a baixa de Gerardo, contrastada coas grandes fichaxes realizadas, que o converten nun conxunto moi competitivo”.

Doutra banda, o técnico ribeirense avisa que a clasificación non di nada nestes momentos e que o seu posto convértenos en máis perigosos, xa que “sairán a matar”. Así, os obxectivos serán dous: “Evitar que sumen a súa primeira vitoria, xa que en canto logren a primeira despois convértense en moi perigosos” e “competir de ti a ti e sumar os tres puntos, resarcíndose da pena que nos quedou o curso pasado”.

Unha vitoria na Magdalena permitiría seguir coa xeira e ampliar a diferenza ante un conxunto que está entre os candidatos para loitar polo playoff. Para iso, os gladiadores branquiazuis ármanse para a visita a Vilalba.

CONVOCATORIA

Lucas – Lorenzo – Sergio Pereira – Cardeñosa – Uña – Naveira – Casas – Mon – Samu – Tomás – Róber – Rubén – Álex Ares – Santi Gegunde – Primo – Sobrido

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 David Rosón reforza a medular da SD Compostela🤝 O mediocentro lucense chega do CD Lugo e firma ata final de tempada, con opción a outra máis𝐃𝐚𝐯𝐢𝐝 𝐑𝐨𝐬𝐨𝐧 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2026/01/13/david-roson-fichaxe-compos/#benvidorosón ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐛𝐚𝐢𝐱𝐚 Porrúa e o Compos separan os seus camiñosMoitas grazas polo teu traballo e esforzo e moita sorte para o futuro, Pablo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos desfrutan hoxe da xornada de descanso, para comezar a preparar desde mañá o último encontro da primeira volta🏟️ Cinco sesións para buscar o triunfo na estrea na nosa casa neste 2026#composviveiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 O Compos iniciou o 2026 da mellor maneira: nova vitoria para seguir invictos e nova portería a cero👉 sdcompostela.com/gl/2026/01/11/dobrete-anton-guisande-0-2-2026/📸 Nacho Castaño #estradensecompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALClub Deportivo Estradense 0️⃣- 2️⃣ COMPOS⚽️⚽️ Antón GuisandeA MELLOR MANEIRA DE COMEZAR O 2026! 🩵🤍🩵🤍🩵🤍🩵🤍Cuarta vitoria seguida e de novo coa portería a cero 💪💪💪💪💪📸 Nacho Castaño #estradensecompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.