A primeira derrota chegou en Vilalba

10 de Setembro de 2017
Naveira conduce un balón na primeira metade. Foto: Amadeo Rey.
Naveira conduce un balón na primeira metade. Foto: Amadeo Rey.
  • O Villalbés remontou un partido no que se retiraron lesionados Primo e Cardeñosa.
  • Sergio Arias e Álex Pérez, ambos por dúas veces, foron os goleadores locais.

Santiago de Compostela, a 10 de Setembro de 2017.

As malas novas non adoitan vir soas e esa mala pata sufriuna o Compos esta tarde na Magdalena. Tras tres vitorias, os mozos de Yago Iglesias encaixaron o primeiro revés do ano que veu acompañado polas lesións de Primo e Cardeñosa.

A pesar de poñerse por diante no marcador no primeiro tempo co tanto de Primo, os locais remontaron grazas a unha segunda metade na que demostraron a súa calidade e acerto de cara a porta. Sergio Arias, con senllos remates de primeiras, e Álex Pérez, culminando dúas contras nos últimos instantes, foron os artífices do primeiro triunfo do Villalbés e da primeira derrota do Compos.

Coa moral polas nubes, a SD Compostela saíu ao campo da Magdalena confiado nas súas posibilidades. Así, desde o minuto un levou o control do xogo, coas ocasións máis claras. Álex Ares por dúas veces e Santi Gegunde tiveron as primeiras nos quince primeiros minutos. O mediapunta fixo estirarse a Marcos Souto cun lanzamento desde a frontal, mentres que o dianteiro lucense viu como o meta lle sacaba a córner un gran cabezazo.

Froito deste dominio, acabaría chegando o primeiro. Tras un balón ao traveseiro de Santi Gegunde, Mon era derrubado dentro da área e por tanto penalti. Primo sería o encargo de executalo e convertelo, xa que enganou ao meta, lanzando a súa esquerda.

Con todo, unha vez se puxo de cara o encontro, torceuse. Dez minutos máis tarde, Sergio Arias superaba a Lucas cun gran remate ao primeiro toque, tras unha parede con Villares. E puido ser peor, debido a que Rubén Gómez, só dentro da área, non acertou co cabezazo. As malas noticias nestes primeiros 45 minutos continuarían coa lesión muscular de Primo, quen sería substituido por Sobrido.

Pese ao parón do tempo de lecer, a segunda metade comezou coa mesma tónica. O balón volvía ser noso, pero os locais levaban máis perigo nas súas saídas. A maiores, Cardeñosa tiña que retirarse do partido ao sentir unhas molestias, pasando Casas á posición de central.

Este novo revés en forma de lesión, viría acompañado por un novo gol do Villalbés aos poucos minutos. De novo Sergio Arias culminaba unha gran acción, nesta ocasión, de Jose Varela, para superar a Lucas e adiantar aos locais.

Foi un gran mazazo, pero o Compos tentouno todo e por iso saíu Rubén por Naveira, buscando a heroica. Con todo, o resultado sería o oposto, xa que foi o Villalbés o que sentenciou o encontro.

Tras senllas contras, unha no 82 e outra no desconto, Álex Pérez certificaba a vitoria lucense. Os espazos xerados polos santiagueses eran aproveitados polos rápidos xogadores locais, que conseguían, deste xeito, o primeiro encontro sumando de tres.

Pola súa banda, a SD Compostela encaixaba a súa primeira derrota no que vai de ano, un revés que non lles permite situarse no alto da táboa. Para superar este partido perdido, o domingo o Compos ten que axudarse do fortín de San Lázaro e dos seus afeccionados. O Boiro será o rival.

FICHA TÉCNICA

4- Racing Villalbés: Marcos Souto; López, Xusto, Antonio, Buyo; Javi Varela, Pablo Vivero (Muíña, m.88); Jose Varela (Dani Montes, m.86), Villares, Rubén Gómez (Álex Pérez, m.78); e Sergio Arias.

1- SD Compostela: Lucas; Sergio Pereira, Cardeñosa (Tomás, min.60), Uña, Naveira (Rubén, min.75); Casas, Mon; Róber, Santi Gegunde, Álex Ares; e Primo (Sobrido, m.44).

Goles: 0-1: Primo, min.28; 1-1: Sergio Arias, min.38; 2-1: Sergio Arias, min.69; 3-1: Álex Pérez, min.82; 4:1: Álex Pérez, min.94.

Árbitro: Castro Alarcón, colexio coruñés. Amoestou a Pablo Vivero, polos locais, e a Casas, Naveira, Cardeñosa, Uña e Santi Gegunde, polos visitantes.

Incidencias: Partido da cuarta xornada de liga da Terceira División disputado no campo da Magdalena ante 300 espectadores, cun nutrido grupo de afeccionados santiagues

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
💙 Queremos felicitar ao noso 🧙‍♂️ de Monterroso, 𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐀𝐧𝐭𝐚𝐬, que esta semana foi pai dunha nena!!! 👶🫶 Parabéns, familia!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️𝐌𝐚𝐧𝐞𝐥 𝐌𝐞𝐧é𝐧𝐝𝐞𝐳, novo adestrador da SD Compostela!!!💪 O técnico, coñecedor da categoría e con gran experiencia no fútbol profesional, chega ao Compos tras tres grandes campañas no Marino!!! ✍️ bit.ly/FichaxeManelCompos 💙 Benvido a Compostela, Manel!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Este semana visitamos aos nosos amigos de Clínica & akt para facerlle un agasallo polo bo trato e o coidado dos nosos xogadores!🙌 Por exemplo, o seu tratamento coa tecnoloxía Indiba Activ foi fundamental para acelerar a recuperación de Pato!🦶 Ademais, os seus estudos biomecánicos da pisada permiten aos nosos coidar a súa saúde!💙 Moitas grazas por seguir un ano máis ao noso carón!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎Confirmouse a peor nova. As probas por imaxe (Resonancia Magnética Nuclear) realizadas a Samuel Rodriguez Noya confirmaron o primeiro diagnóstico de rotura do Ligamento cruzado anterior. Polo tanto, precisará reparación cirúrxica!💪 Moito ánimo, 𝐒𝐚𝐦𝐮!!! ESTAMOS CONTIGO!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🍻 Cos nosos amigos de Fútbol Mahou, onte despedimos a tempada coa entrega do 🏆 ao #JugadorCincoEstrellas, que recibiu 𝐃𝐚𝐫í𝐨 𝐆𝐞𝐫𝐦𝐢𝐥!!!💙 Os nosos pecharon a campaña cun evento de convivencia no Pub Lucille, previo ás vacacións de verán!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.