Lorenzo, Cardeñosa e Rubén aseguran que o tropezón de onte lles axudará a aprender cara o futuro

11 de Setembro de 2017
Ramón Castro, esquerda, junto a Cardeñosa, Lorenzo, Rubén, Ramón Salgado e Javier Puñal.
Ramón Castro, esquerda, junto a Cardeñosa, Lorenzo, Rubén, Ramón Salgado e Javier Puñal.

 

  • Os tres xogadores do Barbanza foron presentados na sede de Limpezas Salgado.

 

Santiago de Compostela, ao 11 de setembro de 2017.

A SD Compostela, tras a súa primeira derrota, xa pensa no partido que o enfrontará o vindeiro domingo ás 18 horas ante o Boiro. Os branquiazuis queren sacarse a espiña e por iso desexan que chegue canto antes o encontro. Antes diso, Rubén, Cardeñosa e Lorenzo pasaron revista á actualidade do club, na súa presentación.

Os tres futbolistas, que renovaron un ano máis a súa vinculación co Compos, estiveron acompañados por Ramón Salgado, xerente de Limpezas Salgado, Ramón Castro, director das relacións institucionais do club, e Javier Puñal, director de márketing da entidade.

Cardeñosa

O primeiro en falar foi o central, quen se tivo que retirar onte lesionado do campo no minuto 60. A pesar diso, Cardeñosa é optimista e espera estar dispoñible para o vindeiro domingo. “Foi un golpe na parte externa da coxa, similar ao do ano pasado, pero coa diferenza de que esta vez non me inchou e teño un rango de movemento moito maior, polo que se a evolución é boa e o doutor permíteo, poderei xogar contra o Boiro”, explica.

En canto á derrota de onte, un dos capitáns branquiazuis asegura que “é mellor perder 4-1 unha vez, que catro 1-0”. Analizando o encontro considera que “na primeira metade fomos superiores, tendo algunha ocasión máis, pero a partir da lesión de Primo, cun campo que non estaba tan ben como noutras ocasións e que levaba a un fútbol de pelexa, trastornounos bastante”. Ademais, despois da súa lesión, o equipo viuse obrigado “a un troco de sistema ao que tes que adaptarte e xusto neses minutos aproveitaron para adiantarse, e despois con espazos sentenciaron”. Aínda así, o central sentencia que “todos asinariamos este inicio”, con nove puntos de doce posibles.

Lorenzo

Pola súa banda, o porteiro padronés explicou que “o arranque do curso estivo ben e que esta derrota déixanos algo tocados, pero non hai que alertarse”. En canto ao rendemento asegura que o equipo está a encaixar moitos goles, pero que “o campionato acaba de empezar e queda moito para puír os erros. Temos moita marxe de mellora”.

Da súa situación persoal, a pesar de non contar con minutos, adestrará todos os días para estar nas mellores condicións cando lle toque a oportunidade.

Rubén

Por último, o extremo argumenta que nos partidos de visitante “hai que rascar como sexa porque hai campos moi complicados”. Ademais, asegura que non hai un equipo favorito esta tempada, polo que “poderemos estar arriba se melloramos os nosos erros”.

En canto á súa participación, despois de ser suplente por primeira vez, comenta que “adestrarei o máximo posible e tentarei achegar todo o que poida cando entre para ter as máximas oportunidades e minutos posibles”.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
𝐂𝐎𝐍𝐕𝐎𝐂𝐀𝐓𝐎𝐑𝐈𝐀 | Míchel 🩵🤍🙌 OS NOSOS para o encontro de mañá no Estadio Vero Boquete, ás 12.00 horas, contra o @realoviedo Vetusta!💪 Míchel chama a varios reforzos da @canteirapicheleira #ComposVetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario, Samu Araujo!!! 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Samu!!! 💪 Oxalá poder celebralo mañá cunha nova vitoria na nosa casa!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | 𝐌𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥 𝐀𝐥𝐨𝐧𝐬𝐨 🗣️ PREVIA do encontro deste domingo, ás 12.00 horas no Vero Boquete, ante o Real Oviedo Vetusta!!!🩵🤍 Hoxe acompañounos na rolda de prensa Fernando Leis, de O Pan de Leis, patrocinador do encontro!#composvetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌𝐄𝐃𝐈𝐂𝐎𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐀𝐧𝐭𝐚𝐬 🩵🤍👨‍⚕️ As probas realizadas a Pablo Antas polos servizos médicos confirmaron unha microrotura no músculo semitendinoso da súa coxa dereitaEstará de baixa dúas semanas!Moito ánimo, Pablo 💪 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🟥 𝐒𝐀𝐍𝐂𝐈𝐎𝐍𝐒1⃣ partido de suspensión para Pato e Álvaro Casas polas súas expulsións1⃣ partido tamén para Pep Caballé e Juampa Barros por acumulación de tarxetas 🟨 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.