Recuperar a senda triunfal contra un rival de Segunda B

15 de Setembro de 2017
Mon no partido contra o Vilalbés. Foto: Amadeo Rey.
Álex Ares no partido contra o Vilalbés. Foto: Amadeo Rey.
  • Os branquiazuis esperan volver gañar no fortín de San Lázaro.
  • O Compos ten nove puntos, polos catro dun Boiro moi renovado.

Santiago de Compostela, ao 15 de setembro de 2017.

A falta dun adestramento, a SD Compostela ten xa preparado o seu plan para afrontar o duro choque que dirimirá o domingo ás 18 horas en San Lázaro contra o CD Boiro, un firme candidato ao ascenso.

Yago Iglesias e os seus mozos, tras a derrota contra o Racing Villalbés, buscan recuperar a senda do triunfo ante un rival que lles obrigará a dar “o 200%”, tal como sinala o técnico. “É un equipo de Segunda B, deportivamente falando”, dixo o adestrador, asegurando tamén que, xunto ao Bergantiños, “ten o mellor plantel de longo”. Por iso, “non lles temos medo, pero si moito respecto”, aclarou o ribeirense.

En relación cos xogadores boirenses, Yago destacou a “Igor de Souza, que vén dunha Primeira División estranxeira e que aquí xogou en Segunda; xente de nivel no medio, como Yahvé ou Pillado, e contrastada como Miki, que chega do Pontevedra”. Segundo o adestrador, “teñen moito nome e con esa primeira vitoria lograda a semana pasada, deulles confianza para continuar”. Ademais, en fronte terán a un “técnico con moita experiencia na categoría e en playoff, que nos coñece moi ben, do mesmo xeito que nós a el”, asegura.

Con todo, o técnico aclarou que “temos que facer o noso partido e a partir de aí San Lázaro é San Lázaro”. Yago Iglesias confía na maxia do seu estadio e no apoio duns espectadores, que esperan que superen o milleiro.

No partido poderá participar Cardeñosa, que xa adestrou onte e hoxe, pero non así Diego Rey, Ube e Primo, que seguen coas súas respectivas recuperacións. Os restantes traballaron durante toda a semana para “ver os erros do domingo pasado, os cales non debemos cometer e a partir de aí, preparar duramente o duelo contra o Boiro”, detallou o técnico.

A hora e media de preparación que lle resta servirá para ultimar os últimos detalles do partidazo do domingo, un encontro contra un rival de superior categoría.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

14 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.