O Boiro lévase os tres puntos de San Lázaro

17 de Setembro de 2017
A grada de San Lázaro luciu unha espectacular entrada, con 1090 espectadores, nun encontro patrocinado por Limpiezas Salgado. Foto: Amadeo Rey.
A grada de San Lázaro luciu unha espectacular entrada, con 1090 espectadores, nun encontro patrocinado por Limpiezas Salgado. Foto: Amadeo Rey.
  • Yahvé, Cano e Javi Otero foron os goleadores do Boiro

Santiago de Compostela, ao 17 de setembro de 2017.

Segundo tropezo da SD Compostela na tempada. Un Boiro moi efectivo levou os tres puntos de San Lázaro, con tres poutadas, unha na primeira e dúas na segunda. En tres das súas catro aproximacións á área de Lorenzo, os visitantes marcarían os tantos que lles deron os tres puntos e que os sitúan con sete, a dous dos nosos.

Yahvé na primeira e Cano e Javi Otero na segunda foron os artífices dos goles que permitirían o triunfo dos do Barbanza no fortín de San Lázaro.

A SD Compostela, a diferenza doutros encontros, saltou ao campo cunha formación máis defensiva. Con catro cambios no once respecto do domingo pasado, os xogadores de Yago Iglesias buscaron, desde o primeiro minuto, aproveitar a velocidade de Rubén e Sobrido para adiantarse no marcador. Deste xeito, chegaron as máis claras dos nosos. Rubén quedou só dúas veces, pero tardou en definir e Taboada cortou ambos os remates. Na terceira, o centro do extremo non atopou rematador.

Ante a falta de acerto dos santiagueses, sería o Boiro quen aproveitaría a súa ocasión no primeiro achegamento á área de Lorenzo. Pillado cedía para Hugo, quen nunha posición dubidosa tocaba de tacón para Yahvé e este, entrando desde atrás, definía por baixo e a un lado, poñendo aos visitantes por diante no luminoso, e con este resultado fóronse ambos os conxuntos aos vestiarios.

Á saída dos mesmos, o Compos tentouno pero sería de novo o Boiro, o que mandaría o balón á rede. No minuto 56, Cano recibía só na frontal da área, virábase, e soltaba un tiro forte pegado á cepa do poste ao que non puido chegar Lorenzo.

Este tanto sentaría como un xerro de auga fría no equipo local, que buscaría volver meterse no partido coa entrada de Santi, Tomás e Mon. Precisamente, o pontevedrés selaría o primeiro lanzamento con perigo do segundo tempo dos locais, pero a volea desde a frontal foi atrapada por un Reguero moi seguro baixo paus.

A pesar da dificultade, o Compos seguiríao tentando pero o Boiro durmiría o encontro con continuas interrupcións ata o asubío final. Así se pecharía o o triunfo visitante que foi ampliado no desconto. Primeiro puido marcar Diego Abad, que fallou a portería baleira e despois si marcaría, noutra contra, Javi Otero, que chegando desde atrás superaba a Lorenzo.

Con este resultado, o Boiro segue coa súa boa xeira, tras gañar o seu primeiro encontro a semana pasada, mentres que o Compos tropeza por segunda fin de semana consecutiva, un tropezón que tentarán emendar o vindeiro sábado nos Carrís contra a UD Barbadás. Os santiagueses buscarán a súa segunda vitoria fóra de casa.

FICHA TÉCNICA:

SD Compostela: Lorenzo; Sergio Pereira, Cardeñosa, Uña, Naveira; Casas (Mon, m.69), Samu (Tomás, m.65); Róber, Álex Ares, Rubén (Santi, m.61); e Sobrido.

CD Boiro: Reguero; Javi Otero, Taboada (Diego Abad, m.81), Vieytes, Jorge; Yahvé (Caridade, m.79), Pillado; Cano (Remeseiro, m.73), Miki, Hugo; e Igor.

Goles: 0-1: Yahvé, min.29; 0-2: Cano, min.56; 0-3: Javi Otero, min.93.

Árbitro: Abel Bruzos, colexio lucense. Amoestou a Mon, polos locais, e a Hugo Sanmartín e Yahvé, polos visitantes.

Incidencias: Partido da quinta xornada de Liga de Terceira División disputado no Estadio de San Lázaro ante 1100 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🤝 Onte acompañáronnos Xosé Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia; e Ana Méndez, xerente de Galicia Calidade, patrocinador do partido 🩵🤍♣️♠️ Ademais, Xosé Merelles fixo entrega do agasallo de Ourives de Compostela ao C.D. Numancia de Soria📸 Nacho Castaño#composnumancia ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 Derbi contra o líderx19 🆚 Pontevedra Club de Fútbol SAD 🏟️ Pasarón🗓️ Domingo 19/01🕔 17.00 horas🎟️ Entradas na Oficina do Compos (ata venres) ou no Despacho de Billetes de Pasarón (domingo) 📲 Online 👉 www.pontevedracf.com/es/news/venta-de-entradas-online#pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️ Sesión hoxe nas Cancelas para iniciar unha semana de derbi ⚽️ Cinco adestramentos no plan de traballo para preparar o encontro en Pasarón contra o Pontevedra Club de Fútbol SAD #pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐝𝐏🎙️ Antón Permuy🗣️ Declaracións de Antón Permuy trala igualada, 2⃣-2⃣, contra o C.D. Numancia de Soria#composnumancia ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.