O Infantil e Alevín gañan fóra de casa

18 de Setembro de 2017
O equipo cadete coas súas novas equipacións.
O equipo cadete coas súas novas equipacións.

Santiago de Compostela, a 18 de Setembro de 2017.

As categorías inferiores da SD Compostela viviron unha xornada completa, na que os resultados foron moi dispares, aínda que dominando as notas positivas. Así, o Infantil e o Alevín gañaron os seus partidos, mentres que os dous xuvenís empataron.

O equipo de Nacional, tras comezar cun tropezo en Ferrol, sumou o seu primeiro punto do campionato contra o Arousa SC. Demostrando a solidez defensiva da que tamén fixo gala ante o conxunto departamental, mantivo a súa portería a cero no encontro disputado nas Cancelas. Este empate sácao da zona de descenso, onde está situado o Choco, próximo rival dos santiagueses.

Pola súa banda, o xuvenil B empatou, no seu caso, de visitante contra o EF Lalín. Os branquiazuis empezaron con dous goles en contra na primeira metade, pero conseguiron igualar na segunda cos goles de Brais Loureiro e Marcos Andrade. Con este punto, mantéñense na zona intermedia da táboa, con catro enteiros en tres partidos.

A nota negativa da xornada chegou na categoría cadete, onde o equipo base, invicto ata a data, caeu por 1-3 ante o Bertamiráns. Anxo e Alexandre adiantaron aos visitantes e, pese ao gol de Ignacio Pereiro no 74, sentenciaron no último minuto con outro tanto de Anxo. Con seis puntos, ambos os conxuntos están situados na zona intermedia da clasificación.

Nesta mesma zona tamén está situado o Infantil, que gañou o seu segundo partido en tres xornadas. Os nosos conseguiron superar ao Santiago por 0-3, marcando as tres dianas na segunda parte do choque. A próxima xornada enfrontaranse ao EFM Boiro, buscando seguir remontando na táboa.

Por último, o Alevín debutou en Liga cun triunfo contra o Amio SD fóra de casa. Os pequenos branquiazuis gañaron por 0-2, cun tanto no minuto 5 e outro no 49. A próxima cita será contra o Negreira, que perdeu contra o Fátima esta fin de semana.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.