O Compos visita Barbadás coa intención de lavar a súa imaxe

22 de Setembro de 2017
Yago Iglesias na rolda de prensa previa ao encontro contra o Barbadás.
Yago Iglesias na rolda de prensa previa ao encontro contra o Barbadás.

 

  • Yago Iglesias expuxo como un reto recuperar o camiño do triunfo lonxe de San Lázaro.

Santiago de Compostela, ao 22 de setembro de 2017.

“Queremos os tres puntos”. Así de tallante móstrase Yago Iglesias á hora de analizar o partido que mañá enfronta ao Barbadás e ao Compostela nos Carrís ás 18.30 horas. Despois de dúas derrotas, os xogadores branquiazuis queren lavar a imaxe mostrada e demostrar a súa poderío real, o que lle levou a gañar as tres xornadas inaugurais.

“Non podemos quedar atrancados no pasado. É certo que levamos dúas semanas sen puntuar, pero isto é fútbol e hai que levar as derrotas como cando se gaña, con tranquilidade e pensando só en mañá porque nos queremos quitar a espiña”, explica o técnico.

Se por Yago fose, desexaría volver xogar en San Lázaro, “primeiro polo campo, porque é o sitio onde podemos levar mellor nosa idea de xogo, e despois por mostrarlle a nosa mellor cara á nosa afección, a do Silva ou Laracha”. Aínda así, as circunstancias levan a ter que remendar a dinámica de visitante e un campo complicado, como é o dos Carrís, algo que o corpo técnico considera como “un reto”. Desexan recuperar a confianza e os resultados, para que dentro de quince días “vexamos a bancada chea contra o Areas”.

Con todo, o equipo só pensa en mañá, onde terán enfronte a un Barbadás que sacou os seus dous encontros como local con idéntico resultado, 1-0. Ademais, o terreo de xogo dos Carrís, de herba artificial, obrigará aos santiagueses para aclimatarse a unha nova superficie e a unhas dimensións moito máis reducidas.

Por todo iso, “exporemos o partido doutra maneira, levando á práctica un xogo máis simple”, e detalla “seguiremos coa mesma idea, pero podemos levar o peso do partido sen asumir tantos ‘riscos’, e refírome con isto a situacións tácticas que xeren superioridades. Quizais non querer iniciar tanto en curto, para  levar a iniciativa en campo rival e despois non cometer erros parvos que lle dean para comer ao rival”. En referencia con isto último, Yago insistiu durante toda a semana en “ter orgullo e amor propio ata o minuto 90, para evitar os goles nas últimas xogadas”.

E respecto do rival, o adestrador ribeirense comentou que é “un equipo totalmente novo, cun novo adestrador, Moisés Pereiro, que ten como filosofía o xogo combinativo, polo que muda a súa idea respecto doutros anos”. Do plantel, o técnico cita a cantidade de xogadores de fóra, sobre todo portugueses, a fichaxe de Calzado e a “verticalidade e traballo” de Cabanyes na punta de ataque. Todo iso convérteno nun conxunto “moi rochoso”.

Entre os 16 que viaxarán a Barbadás en busca dos tres puntos, Yago non poderá contar cos lesionados Primo, Ube e Diego Rey, que comezan con traballo no campo, mentres que Álex Ares será dúbida ata última hora, xa que non adestrou durante a semana por culpa dunha gastrite.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos recupera o liderado tras un gran triunfo na Lomba, 0⃣-2⃣, cun Antón Guisande, que firmou un dobrete, estelar🫂 Desprazamento masivo de afeccionados do Compos que non pararon de animar👉 sdcompostela.com/gl/2026/04/12/compos-recupera-liderado-guisande/📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ Valoración do noso adestrador trala gran vitoria na Lomba#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 0️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️⚽️ Antón GuisandeSIIIIII!!!! OS TRES PUNTOS SON NOSOS!!! 🩵🤍🩵🤍🩵🤍🩵🤍REGRESAMOS AO LIDERADO!!! GRAZAS AFECCIÓN!!! UNHA VITORIA DE TODOS 🙌🙌🙌📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
⏱️ COMEZOU a 2ª metadeTodos xuntos, co voso apoio, seguimos a pola vitoria ata o final! 💪⚽️📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOArosa SC 0️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️⚽️ Antón Guisande📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.