Un gran reto para superar nas Eiroas

30 de Setembro de 2017
Yago Iglesias na rolda de prensa deste venres.
Yago Iglesias na rolda de prensa deste venres.

Santiago de Compostela, a 30 de setembro de 2017.

A SD Compostela está preparada para afrontar, por segunda semana consecutiva, un partido como visitante en campo de herba artificial. Esta vez, se cabe, o reto é maior, xa que enfronte terán a un dos principais candidatos ao ascenso no Grupo 1 da Terceira División, o Bergantiños.

Por tanto, o partido deste domingo ás 17.30 nas Eiroas enfrontará a dous dos conxuntos punteiros do grupo, ambos con similares propostas de xogo e que, dada a súa proximidade xeográfica, levarán ao campo a unha gran afluencia de público.

Segundo o adestrador santiagués, Yago Iglesias, o Bergan é “un equipo para quedar primeiro, que á continuidade do curso pasado, súmanlle xogadores de moita experiencia e calidade como Baleato e Rivera, como o resto do plantel, como Facal, Cristopher ou Granada”.

Ademais, explicou que “o campo ao que imos é moi diferente ao noso e iso sempre nos custa un pouco”, aínda que confía en “expor o noso partido e evitar que eles leven a súa idea de xogo”. Nisto último inflúe o gran encontro disputado o sábado pasado contra o Barbadás. A tranquilidade do triunfo e a boa imaxe mostrada son as liñas para seguir.

“O outro día gañamos fóra, dando boa imaxe, sendo contundentes, xerando ocasións e sen encaixar”, comentou Yago, e por iso “debemos seguir sendo rochosos, un conxunto que non concede, porque nun partido deste tipo é fundamental a presenza defensiva, ser un equipo compacto e aguerrido”, aclarou.

Para esta ocasión, Yago poderá contar xa con Primo, que adestrou como o resto de compañeiros e que xa está dispoñible ao 100% para xogar. Ao dianteiro sumaránselle o resto de xogadores que entraron na convocatoria o sábado pasado, a excepción de Alberto. “Cada semana custa máis, porque o equipo vai mellorando e collen o ritmo que nós queremos”, concluíu.

Os 16 elixidos buscarán o reto de superar a un gran equipo, o cal está situado en postos de playoff. Precisamente, ese é o noso soño e para entrar nel, sumar nas Eiroas será un gran paso.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Coruxo FC👉 Os nosos para o derbi de mañá no Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.