O filial e o alevín suman de tres por segunda xornada consecutiva

25 de Setembro de 2017
O equipo Nacional coa súa nova camisola, patrocinada por MC Interiorismo Modular.
O equipo Nacional coa súa nova camisola, patrocinada por MC Interiorismo Modular.

Santiago de Compostela, ao 25 de setembro de 2017.

A xornada das categorías inferiores da SD Compostela trouxo consigo dúas vitorias, as do filial e do alevín, tres derrotas e un empate do Cadete. Salvo o Nacional, que está en descenso, e o alevín, que se sitúa terceiro, o resto de conxuntos viven tranquilos na zona media da clasificación.

O filial, tras sumar o seu primeiro triunfo o domingo pasado, segue coa súa boa xeira ao superar ao Atlético Pino, en Santa Isabel, por 5-1. Os nosos foron moi superiores ao seu rival, poñéndose por diante no marcador nos primeiros compases do choque. Foi Seijo, que repetiu á media hora de xogo, o que marcou os dous tantos iniciais. Aínda na primeira, despois do gol visitante, Moure ampliaba de novo diferenzas, as cales foron pechadas con outro dobrete, o de Mateo, nos minutos 79 e 83. Con este resultado seguen escalando na táboa, situándose en oitavo lugar con seis puntos.

En canto ao xuvenil Nacional, non puido sumar por segunda semana consecutiva, ao caer derrotado na súa visita ao Choco por 3-2.

Nun partido no que os branquiazuis estrearon novo equipamento, patrocinada por MC Interiorismo Modular, non comezaron o encontro enchufados. Saíron desorganizados e pouco precisos nos pases, o que lle permitiu aos visitantes poñerse por diante. Con todo, os canteiráns conseguiron igualar nunha xogada a balón parado culminada por Adrián, pero pouco lles durou a alegría, xa que nun novo descoido, os locais marcaron o segundo.

Xa na segunda parte, o Compos foi moi superior ao rival, dominando claramente o partido e no que as ocasións eran visitantes. A máis clara chegaría tras un penalti cometido por un defensor local ao darlle coa man, coa mala sorte de que o meta do Choco detivo a pena máxima. E as malas novas aumentaban co terceiro tanto local. Nun arreón final, os santiagueses marcaron o segundo, tanto obra de Anxo, e ben puideron empatar coas últimas ocasións, pero o marcador xa non se moveu e os tres puntos quedaron na casa.

Con esta derrota, o Nacional cae a postos de descenso, lugar do que tentarán saír a próxima semana nun partido moi importante contra o Lugo.

Do mesmo xeito que o Nacional, o xuvenil B caeu derrotado, no seu caso ante o Villestro, en casa, por un gol a dous. Un dobrete de David Filgueira deixou en nada o tanto de Pablo Otero, que supoñía o empate no minuto 36.

Si puido sumar o Cadete, que segue co seu bo arranque ligueiro, situado na zona tranquila da táboa. Este domingo conseguiu sumar un punto na súa difícil visita ao Lalín, empatando a ceros.

A terceira derrota da xornada sufriuna o Infantil despois de perder na casa contra o Boiro por un tanto a tres. Os branquiazuis empataron o encontro ao comezo do segundo tempo, pero neste período os do Barbanza gañarían o choque con outros dous tantos.

Por último, o Alevín segue imparable en Liga. Este sábado logrou o seu segundo triunfo ante a SD Negreira por 4-3. Os tres puntos lográronos nun partido moi igualado, remontando o 0-1, e competindo ata o último minuto para manter a vantaxe cultivada. Foi un encontro con moita implicación e compañeirismo de todo o grupo. Con seis puntos están entre os tres equipos que gañaron os seus dous encontros.

O equipo Alevín celebrando un dos goles. Foto: Toncholeto
O equipo Alevín celebrando un dos goles. Foto: Toncholeto

Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.