Seis encontros para un domingo branquiazul

5 de Outubro de 2017
  • O Alevín B entra en escea enfrontándose ao Santiago, o sábado ás 12.30 horas en Santa Isabel.

  • O Xuvenil Nacional quere repetir triunfo en Cancelas contra o Coruxo, o domingo ás 12.00 horas

Santiago de Compostela, a 5 de Outubro de 2017.

O domingo será a xornada da SD Compostela. Ao encontro do primeiro equipo, hai que sumarlle outros cinco partidos dos equipos da base, nunha xornada na que se estrea en competición o Alevín B. Todos os conxuntos branquiazuis queren gañar para achegarse aos seus obxectivos.

O Zona Vella, equipo filial, xogará o domingo ás 16.30 horas no campo de Santa Isabel ante o Cogalrodeiro, nun encontro no que tentarán sumar por cuarta semana consecutiva.

O Xuvenil de Nacional, logo de acadar a primeira vitoria a semana pasada, quere repetir éxito e para iso terá que superar ao sempre complicado Coruxo, nun partido que se xogará no campo das Cancelas o domingo ás 12.00 horas.

Tamén nas Cancelas xogará o seu duelo o Xuvenil B, neste caso ante o Escola Estrada, oitavo clasificado con oito puntos, o sábado ás 16.00 horas.

Outro conxunto que participará o domingo será o Cadete, que se enfrontará ao Milladoiro, coma visitante, ás doce da mañá.

O sábado ás 10.30 horas en Lalín será a quenda do Infantil A, ante o equipo local, buscando recuperar o sorriso. Pola súa banda, o Infantil B xogará o domingo ás 10.00 horas en Santa Isabel contra o Bertamiráns, nun partido no que quere sumar a súa segunda vitoria en outros tantos partidos.

En canto aos alevíns, o equipo A xogará o domingo ás 13.15 horas no campo do Sergas, como visitante, ante o Escola Deportiva Santiago. Mentres, o equipo B, que se estrea na Liga, enfrontarase ao Santiago, como visitante, o sábado ás 12.30 horas en Santa Isabel.

Por último, o Benxamín xogará na casa do Villestro, o sábado ás 13.00 horas, no seu segundo encontro de Liga.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.