O fortín de San Lázaro volve a ruxir

8 de Outubro de 2017
Santi Gegunde cabecea o balón para marcar o segundo gol do partido, patrocinado por Cecastar. Foto: Amadeo Rey.
Santi Gegunde cabecea o balón para marcar o segundo gol do partido, patrocinado por Cecastar. Foto: Amadeo Rey.
  • Róber, Santi e outro en propia porta poñían o marcador de fronte na primeira metade.
  • Sobrido sentenciaría no desconto cun gran lanzamento desde a frontal.

Santiago de Compostela, a 8 de Outubro de 2017.

Con máis sufrimento do que se puidese pensar na primeira metade, pero o Compos logrou a terceira vitoria consecutiva. Mercé a un gran inicio de encontro, no que marcaron tres goles en quince minutos, levou un merecido triunfo que o mantén na parte máis alta da táboa, antes de comezar unha semana frenética.

Na primeira metade, con tantos de Róber, Santi e outro en propia porta, o Compos sacaba unha gran renda, a cal foi recortada polos visitantes coas dianas de Nuno Filipe e Pastoriza. No desconto, Sobrido pecharía o marcador.

O inicio de partido da SD Compostela foi imparable. Os once xogadores, que repetían por terceira semana consecutiva, aproveitaban a confianza de semanas pasadas e poñían o resultado de fronte antes de que se cumprise o minuto 20 de partido. O equipo visitante tiraba a liña defensiva moi arriba e isto era aproveitado polos nosos. A velocidade da liña ofensiva compostelá fixo estragos no rival. Así chegarían os goles.

No primeiro, Álex Ares recollía o balón no círculo central e cun suave toque deixaba só a Róber, que correu ata a área e bateu a Luís Filipe, abaixo á esquerda.

Catro máis tarde, no once, Rubén roubaba en campo propio, facía unha parede con Mon e levaba o balón en velocidade ata a liña de fondo, desde onde centrou para o remate de cabeza de Santi Gegunde. Un auténtico golazo.

E o terceiro, no 18. De novo cabalgada por banda, esta vez de Saro, que chegaba a liña de fondo, e o seu centro raso era despexado por Hugo André ao fondo das mallas. No intento de evitar o remate de Santi coaba o balón na portería.

Con todo, o Areas reaccionou coa entrada de Yanis. Grazas aos seus caneos empezaron a xerar perigo e así chegaría o gol. Unha xogada iniciada por el acababa na banda esquerda, desde onde centraría Canhoto para a entrada desde atrás de Nuno Filipe, que cabeceaba de socato.

Co cuarto tanto do encontro, o partido retardaríase, aínda que puidemos ver algún gol máis antes do descanso. Primeiro, nunha nova entrada de Saro, Rubén remataba contra o poste e despois sería Roberto Pastoriza o que non consiguiría acertar ante Lorenzo, quen sacaba o seu tiro por baixo co pé.

Á saída dos vestiarios, o encontro parecía que seguiría co mesmo camiño tras unha penetración de Rubén que case termina en gol, pero cambiaría rapidamente. Yanis provocaba un penalti que lanzaría Farouk, pero un gran Lorenzo era capaz de detelo, e non só iso, senón que tamén sacaría o cabezazo do propio Farouk no rebote.

A actuación estelar do meta local non quedaría aquí, xa que catro minutos máis tarde sacaba un remate de socato de Pastoriza. Por contra, non puido facer nada ante o gran remate do dianteiro no córner posterior.

Complicábase o encontro con este tanto, pero na xogada posterior, Farouk recibía a segunda amarela tras un enganchón con Róber. Cun máis, o Compos volveu ter espazos, pero Róber, que atopou a Luís no man a man, e Sobrido, que tirou lamendo a cepa do poste, non foron capaces de aumentar a renda.

Xa na recta final, ante un Areas envorcado, o Compos gozou de múltiples contragolpes e así chegaría o cuarto. Sobrido, que acababa de perdoar, foise en velocidade, parou na frontal, e soltou un trallazo ante o que nada puido facer Luís.

Con este tanto pechábase o partido e os tres puntos volvían quedar na casa. O fortín de San Lázaro volveu ruxir e agora toca pensar no duro duelo ante o Somozas do xoves, onde non estará Uña por acumulación de cartóns. Con todo, a confianza deste triunfo axudará a afrontar este duro choque.

FICHA TÉCNICA

4- SD Compostela: Lorenzo; Saro, Cardeñosa, David Uña, Mon; Álvaro Casas, Samu (Alberto, m.89); Róber, Álex Ares, Rubén (Sobrido, m.56); e Santi (Tomás, m.74).

2- CDC Areas: Luis Filipe; Samuel, Manuel Pereira, Martín (Yanis, m.18), Hugo André; Isidro, Farouk, Canhoto, Nuno Filipe (Alejandro, m.89), Yelco (Iván, m.68); e Pastoriza. 

Goles: 1-0: Róber, min.7; 2-0: Santi, min.11; 3-0: Hugo André, en propia porta, min.18; 3-1: Nuno Filipe, min.28; 3-2: Pastoriza, min.64; 4-2: Sobrido, min.89.

Árbitro: Rodríguez Campos, comité coruñés. Expulsou a Farouk por dobre cartón marelo. Ademais, amoestou a Cardeñosa, Uña, Santi, Róber e Tomás, polos locais; e a Isidro, Nuno Filipe e Pastoriza, polos visitantes.

Incidencias: Partido da oitava xornada de Liga da Terceira División disputado no Estadio de San Lázaro ante 500 espectadores. Gran afluencia de seguidores visitantes.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

14 hours ago

SD Compostela
🎟️🩵🤍 Entradas xa dispoñibles para o amigable contra o Real Club Deportivo de La Coruña 👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🤝 Encontro patrocinado por Fútbol Emotion e en colaboración con Asanog Asociación de Cáncer Infantil y Juvenil de Galicia ℹ️ As entradas para público so están dispoñibles para Preferencia#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🎙️ Borja Yebra e Carlos de Lerma🩵🤍 Primeiras verbas do novo director deportivo e do novo adestrador trala súa chegada á SD Compostela, nunha rolda de prensa celebrada no Oca Hotels Puerta del Camino👉 Ambos falaron do proxecto, dos pasos a seguir e dos retos para esta fermosa campaña na #SegundaFederación ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 “O Camiño do Norte”, a nova campaña de abonos da SD Compostela para o regreso á #SegundaFederación👉 Toda a información na web!ℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/09/o-camino-do-norte-compos-abonos/🗓️ Xa está aberto o primeiro prazo, exclusivo para renovacións!🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/🗓️🩵🤍 PRAZOS DA CAMPAÑA👉ATA O 27 DE XULLO:Renovacións para a mesma bancada e asento👉 28 e 29 DE XULLO:Cambio de asento👉 A PARTIR DO 30 DE XULLO:Novas altas e renovacións🎫 Online, na Tenda ou na Oficina#OCamiñodoNorte ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 Antón Guisande, goles e verticalidade para o Compos de #SegundaFederación⚽️ O atacante seguirá aportando o seu traballo incansable, a súa garra e a súa calidade para o bo facer do equipoℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/08/anton-guisande-renovacion-2027/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 Diego Uzal, un ano máis de branquiazul⚽️ O #JugadorCincoEstrellas da pasada campaña regresará, como o Compos, á #SegundaFederación, para seguir demostrando o seu poderío e gran nivel futbolísticoℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/08/diego-uzal-renovacion-compos/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.