O filial e o Xuvenil de Nacional seguen coa súa xeira de resultados

9 de Outubro de 2017
Imaxe do encontro do Infantil A.
Imaxe do encontro do Infantil A.
  • O xuvenil B e o Cadete foron os outros triunfadores da xornada.

Santiago de Compostela, a 9 de Outubro de 2017.

A xornada do fin de semana para as categorías inferiores pechouse con catro triunfos, un empate e outras catro derrotas. Os triunfadores foron os conxuntos de superior idade, que gañaron todos os seus encontros. Estes últimos serán precisamente os que disputen outra xornada de Liga este xoves, aproveitando a data festiva.

O Zona Vella, filial branquiazul, segue co seu gran refacho de resultados e conseguiu a súa terceira vitoria no últimos catro encontros. Esta vez, en Santa Isabel, goleou ao Cogalrodeiro por 5-0, cos tantos de Pablo, Jesús, Javier Losada, Álvaro Moure e Javier López. Con dez puntos no últimos catro encontros sitúanse no cuarto lugar da táboa.

En canto ao xuvenil de Liga Nacional sumou de tres por segunda semana consecutiva, aproveitando o dobre partido na casa. Na mañá de onte, cunha calor asfixiante, os pupilos de Marcos Donicci venceron por 1-0 ao correúdo Coruxo.

Na primeira parte, o Coruxo empezou mellor, pero aos poucos fomos levando o peso do partido, creando ocasións e deixando ao rival con poucas opcións de chegar arriba, debido á solidez defensiva do equipo. Xa na segunda, o partido seguiu polos mesmos derroteiros e así chegou o gol, no minuto 65, obra de Darío Gontán. A partir do noso tanto, os visitantes viñéronse arriba, pero non chegaban con moita claridade, algo que non puido aproveitar o equipo santiagués xa que fallou en catro contras moi boas.

Aínda así, os tres puntos quedaron na casa, cos que se sitúan na metade da táboa, e xa pensan no encontro do xoves ás 12 horas contra o Deportivo B, en Abegondo.

Pola súa banda, o Xuvenil B tamén gañou o seu encontro contra o Escola Estrada por 2-1. Raúl García, no último minuto da primeira parte, e Gonzalo Pampín, no último da segunda, foron os goleadores dos nosos canteiráns, que avanzan postos na táboa.

Poderán referendar esta nova clasificación se conseguen gañar, de novo na casa, contra o Xuventú Aguiño, quinto clasificado, o xoves ás 16.30 horas nas Cancelas.

Un gran resultado tamén foi o cultivado polo equipo Cadete, na súa dura visita ao Milladoiro, ao que lle gañou por un gol a dous.

Os nosos superaron un partido complicado, no que se puxo de manifesto a superioridade física do rival. Así, empezaron un pouco imprecisos e nun erro defensivo adiantouse o Milladoiro. A presión asfixiaba aos branquiazuis, pero grazas á gran actuación da defensa e do porteiro, o resultado mantíñase intacto. Na segunda, cun equipo moito máis fresco, o Compos comezou a dominar co balón e chegou o gol, obra de Nacho no minuto 75 cun gran lanzamento de falta. E dous minutos despois, ante o desconcerto local, Etienne culminaba unha contra cun gran disparo cruzado que pechaba a remontada.

Con estes tres novos puntos, os santiagueses visitarán ao Bastavales o xoves ás 11 horas, nun encontro que se xogará no Municipal de Brión.

Peor sorte correu o Infantil A, que caeu derrotado por 4-1 ante o EF Lalín. Os branquiazuis afrontaban unha dura visita con varias baixas e non entraron ao campo con bo pé, xa que no minuto 5 os locais adiantáronse no marcador. Aínda así, o equipo non baixou os brazos e mediada a segunda parte lograron o 2-1, pero o cansazo fixo madeixa nos visitantes e o partido finalizou co resultado de 4-1.

Agora, toca seguir traballando xa que a liga non para e o xoves terán un novo encontro contra a SD Dubra, nun partido que se xogará ás 11.15 horas nas Cancelas.

Pola súa banda, o Infantil B, despois do seu primeiro triunfo, empatou a un gol co Bertamiráns, o outro equipo invicto, e situase na segunda posición tras o adiamento do encontro do Silleda. No partido, os nosos puxéronse por diante no 14, pero os visitantes empataron pasada a media hora de xogo.

En canto aos alevíns, o equipo A perdeu por 2-1 ante a Escola Deportiva Santiago, nun encontro moi igualado con ocasións dos nosos para coller vantaxe no marcador en varios momentos. Con todo, cando conseguiron marcar o 0-1, encaixaron o empate, e nunha desafortunada xogada ao final do encontro os locais anotaron o segundo. Cabe destacar a actuación da benxamín Lola.

E o B tamén perdeu na súa estrea ligueira contra o Santiago, un rival que os superou en moitos momentos do partido nunha mañá calorosa na que se notaron a falta de efectivos nas filas branquiazuis.

Por último, o Benxamín acusou tamén a falta de efectivos no seu difícil encontro ante o Villestro, contra o que caeu por 9-2.

Equipo Alevín B.
Equipo Alevín B.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Estamos no primeiro tramo da Campaña de Abonos 26/27 “O Camiño do Norte”, exclusivo para RENOVACIÓNS👉 RECORDA, co teu abono, entras gratis este sábado ás 20:00h ao amigable contra o DéporNa Oficina, na tenda ou en liña🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com+ℹ️ sdcompostela.com/gl/abonados-2/abonos-sd-compostela-26-27-gal/🗓️ Este primeiro tramo, no que se renova tamén o asento, está aberto ata o 27 de xullo#OCamiñodoNorte ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
2⃣.0⃣0⃣0⃣ entradas xa vendidas para o amigable do sábado contra o Real Club Deportivo de La Coruña 🏟️ Faite coas últimas localidades de Preferencia antes de que se esgoten!!! Despois, habilitarase Fondo Norte🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🩵🤍 Recorda que os Abonados 26/27 teñen a entrada gratuíta co seu abono 📸 Nacho Castaño#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️ 𝐏𝐑𝐄𝐓𝐄𝐌𝐏𝐀𝐃𝐀🔜 Con Carlos de Lerma á fronte, iniciaremos os adestramentos este mércores 15 de xullo⚽️ 8⃣ semanas de preparación nas que disputaremos entre 6 e 8 amigables🏟️ O primeiro, este sábado 18, ás 20:00h, contra o Real Club Deportivo de La Coruña no Vero Boquete#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Samu, unha lenda do Compos, despídese do verde de San Lázaro©️ O noso capitán, tras 🔟 tempadas e 274 partidos oficiais defendendo con honra a nosa camiseta, pasará aos despachos para formar parte da secretaría técnica do clubEres xa unha parte do noso escudo! Estaremos eternamente agradecidos!𝘚𝘦𝘮𝘱𝘳𝘦 𝘚𝘢𝘮𝘶! 𝘚𝘦𝘮𝘱𝘳𝘦 𝘊𝘰𝘮𝘱𝘰𝘴!ℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/12/despedida-compos-lenda-samu/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 Unai Peón seguirá crecendo co Compos na #SegundaFederación⚽️ Aos seus 22 anos, o talentoso mediocentro, que chegou no pasado mercado invernal, dará un paso máis na súa carreira ℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/11/unai-peon-compos-26-27/📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.