O Compos asalta As Somozas

12 de Outubro de 2017
Momento do gol de Primo, cando regateaba ao porteiro. Foto: Amadeo Rey.
Momento do gol de Primo, cando regateaba ao porteiro. Foto: Amadeo Rey.
  • Alberto Freire, Sobrido e Primo anotaron os goles dos blanquiazuis.

Santiago de Compostela, a 12 de Outubro de 2017.

Un novo reto superado. No Manuel Candocia, o Compos logrou un triunfo de mérito, merecido, grazas a un encontro no que se volveu a demostrar a súa solidez defensiva e a gran efectividade que ten na parte dianteira.

Na primeira metade, os nosos puxeron terra polo medio cos tantos Alberto Freire e Sobrido e, pese ao penalti transformado por Gerardo no sesenta, sentenciaría á contra cun tanto de Primo a portería baleira.

Seguindo a dinámica dos últimos partidos de visitantes, a pesar da gran cantidade de cambios no once do Compos, o equipo mostrouse moi seguro en defensa. A base de defender e saír rápido tras roubar, o equipo mostrábase cómodo. Ademais, cando tiña o balón, non o perdía.

Así, con esta claridade, chegou o primeiro gol. Balón para Sobrido en banda, este foise do seu marcador por liña de fondo, cedeu atrás e aí apareceu Alberto Freire, titular hoxe, para empuxar o balón á rede.

Co tanto, o equipo gañou en tranquilidade e puido aumentar a renda nun roubo de balón, que acabou nos pés de Róber, pero o seu tiro sacouno Javi a córner coa punta dos dedos.

Tras esta ocasión, o Somozas tería a réplica en dúas xogadas de centros, pero Duque, que se atopou a man de Lucas, e Uzal, non conseguiron a igualada e a continuación o Compos conseguía o segundo.

Róber e Santi gañaban un balón bombeado, o porteiro quedaba a media saída, e Sobrido, moi listo, picaba o balón ao fondo da portería.

O tanto chegaría no minuto 36, pero xa non veriamos máis ocasións ata o descanso, debido á gran solidez defensiva de ambos os conxuntos. Á volta dos mesmos, o partido seguiría polos mesmos derroteiros, ata que no minuto 60 o colexiado indicaba un penalti de Naveira sobre Gerardo. O propio dianteiro era o encargado de tiralo e anotalo.

Co gol, o equipo local veu arriba e comezou a apertar a base de balóns colgados á área. Mentres tanto, os nosos xeraban máis perigo a través de balóns baixados polos dianteiros. Nunha deles, Róber baixaba o balón na área coa cabeza e soltaba un zurdazo que saíu rozando o pau. Lambendo o pau tamén saíu un tiro de Mon desde a frontal no 74.

Pola súa banda, o Somozas encomendábase á figura de Fran Monroy. O dianteiro puido marcar en dúas accións, un tiro que tapou Cardeñosa co corpo e unha volea aérea que saíu rozando o traveseiro.

Con todo, o gol chegaría na outra portería no 88. Alberto controlaría no medio, cedía para Ube e este picábaa por encima dos centrais para un Primo que entraba en carreira. O gladiador, só, regateaba ao porteiro e marcaba a portería baleira. Era a sentenza.

Por cuarta semana consecutiva os tres puntos eran branquiazuis. Un novo reto superado nunha visita complicada e toca pensar xa non Barco, outro serio candidato ao ascenso. San Lázaro ten que ser un fortín o domingo.

FICHA TÉCNICA

1- UD Somozas: Javi Seral; Pacheco, Hugo (Edu, m.76), Pablo, Álex Pérez; Salva Rivas (Monroy, m.45), Uzal; Duque (Kevin, m.69), Gerardo, Álex Rey; e Silas.

3- SD Compostela: Lucas; Sergio Pereira (Saro, m.52), Cardeñosa, Álvaro Casas, Naveira; Mon, Alberto Freire; Róber, Álex Ares, Sobrido (Ube, m.80); e Santi (Primo, m.69).

Goles: 0-1: Alberto Freire, min.25; 0-2: Sobrido, min.37; 1-2: Gerardo, min.61; 1-3: Primo, min.88.

Árbitro: Del Río Amor, colexio coruñés. Amoestou ao adestrador local Michel Alonso e a Álex Ares, Mon e Saro, polos visitantes.

Incidencias: Partido da novena xornada de Liga da Terceira División disputado no Manuel Candocia ante 300 espectadores, a gran maioría santiagueses.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

20 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron esta tarde a semana de traballo para a volta da finalísima👉 Xornada para recuperar folgos e comezar a preparar o encontro no Municipal de Badalona💪 Queda un encontro e imos a por todas para acadar o obxectivo#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 90 minutos por diante para acadar o obxectivo🫂 Este domingo, co voso apoio, desde Badalona, Compostela ou desde as vosas casas, a polo ascenso🆚 CF Badalona ⚽️ 𝐕𝐨𝐥𝐭𝐚 𝐅𝐢𝐧𝐚𝐥🗓 21/06🕧 12:30 horas🏟️ Municipal de Badalona#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos da un importante paso na finalísima, coa axuda de todos, tras gañar 3⃣-0⃣ na casa 💪 Valeron os goles de Valín, Antón Guisande e Charly🔜 Quedan 90 minutos en Badalona para defender a renda 👉 sdcompostela.com/gl/2026/06/14/compos-3-0-badalona-finalisima/📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Vecho⚽️ O segundo adestrador, hoxe no banco pola sanción a Secho, analizou na sala de prensa o bo resultado, 3⃣-0⃣, na ida desta final nacional polo ascenso#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 3️⃣-0️⃣ CF Badalona⚽️ Valín, Antón Guisande e CharlyQUEDAN 90 MINUTOS!!! 🩵🤍SEGUIMOS PASO A PASO A POLO OBXECTIVO 💪💪GRAZAS A TODOS, UNHA VEZ MÁIS, POR ESTE AMBIENTAZO!!! SEGUIMOS TODOS XUNTOS!!! 🫂📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.