O Infantil A e o Cadete suman de tres na xornada festiva

13 de Outubro de 2017
Imaxe do encontro disputado polo Nacional en Abegondo.
Imaxe do encontro disputado polo Nacional en Abegondo.

Santiago de Compostela, a 13 de Outubro de 2017.

Antes dos encontros da fin de semana, as categorías inferiores de maior idade, xuvenís, cadetes e infantís, tiveron unha xornada intersemanal na que se lograron dous triunfos, un empate e unha derrota.

O peor resultado sería o encaixado polo xuvenil de Liga Nacional que se viu superado por un gran Deportivo B. O conxunto coruñés rompeu a boa xeira dos branquiazuis cun resultado avultado, 5-0. Os dous tantos de penalti na primeira media hora fixeron moito dano aos nosos, que recibiron tres goles máis na segunda metade.

Agora, tentarán recuperar sensacións en casa, no Municipal das Cancelas, o domingo ás 12.00 horas contra a UD Santa Mariña.

Pola súa banda, o Xuvenil B sacou un gran empate na casa contra un dos candidatos ao ascenso, o Xuventú Aguiño. Un tanto de Marcos Andrade, no minuto 74, serviu para que os branquiazuis sumasen un importante punto que os mantén na zona intermedia da táboa.

Agora, o sábado veranse as caras contra o pechacancelas, o AD Manuel Peleteiro, contra o que se enfrontarán ás 16.30 horas no campo do propio colexio.

A primeira vitoria do festivo logrouna un inspirado equipo Cadete, que volveu gañar fóra ante a UD Bastavales, conxunto ao que adianta na clasificación. Tras unha primeira parte sen goles, Etienne Lorenzo e Gerardo Lago anotarían os tantos que permiten aos santiagueses situarse na sexta praza. O próximo encontro será o domingo ás 9.30 horas, nas Cancelas, contra a SD Villestro, segundo clasificado.

O outro que logrou o triunfo foi o Infantil A, que conseguiu reverter os malos resultados cultivados nos últimos encontros vencendo 3-0 á SD Dubra. Os branquiazuis anotaron dous tantos na primeira metade do choque e sentenciaron no 68. Agora marchan duodécimos e enfrontaranse ao CD Rois, na Braña, o sábado ás 11.30 horas.

En canto aos alevíns, o A enfrontarase a Victoria, o sábado ás 11.30 horas en Santa Isabel e o B xogará contra a SD Villestro, unha hora antes, no mesmo campo.

Por último, os benxamíns buscarán o seu primeiro triunfo o sábado ás 19.30 horas, en Santa Isabel, contra o Victoria FC.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Coruxo FC👉 Os nosos para o derbi de mañá no Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.