O CD Barco gaña en San Lázaro por segundo ano consecutivo

15 de Outubro de 2017
Santi Gegunde conduce o balón no partido, patrocinado por Laucreaciones. Foto: Amadeo Rey.
Santi Gegunde conduce o balón no partido, patrocinado por Laucreaciones. Foto: Amadeo Rey.

 

  • Un gol de Cristóbal Juncal no desconto da primeira metade decidiu o choque.

Santiago de Compostela, ao 15 de outubro de 2017.

A SD Compostela non puido manter a súa gran xeira de resultados. O CD Barco, que chegaba a San Lázaro na cuarta posición, levou os tres puntos cun solitario tanto no desconto da primeira metade.

A gran solidez defensiva dos visitantes, así como a sorte que tiveron nos momentos decisivos, permitiulles para levar unha gran vitoria no fortín branquiazul. O central do equipo, Cristóbal Juncal, foi o autor do tanto visitante.

Buscando a quinta vitoria consecutiva, Yago Iglesias repetiu o once da semana pasada en San Lázaro, co cambio de Primo por Santi na punta do ataque. Con esta disposición, os santiagueses saíron fortes e así dispuxeron da primeira ocasión, un centro de Saro que se paseou pola área pequena, tras non conseguir rematar Róber.

Pese a que o Barco inquietou nun centro que despexou a defensa tras a deixada de cabeza de Mitogo, sería Álex Ares, á media hora, o que volvería rozar o tanto. O seu lanzamento de lonxe saíu rozando o pau.

Aínda así, as dúas máis claras chegaron nos últimos instantes do primeiro período. Primeiro, tras unha contra rápida, Róber, entrando desde atrás, mandaba o balón ao traveseiro coa zurda e, un minuto máis tarde, Mon, só dentro da área, enviaba o esférico por encima do traveseiro cando tiña todo a favor.

Parecía que así nos iriamos ao descanso, pero nunha falta moi discutida pola afección, na que o colexiado pitou retención de balón de Mon, o Barco anotaba o seu gol. Centrou Rubén García cara ao segundo pau e Cristóbal Juncal, entrando desde atrás, cabeceaba ao fondo das mallas. Foi a última xogada da primeira metade, coa que ambos os conxuntos se foron aos vestiarios.

Á volta dos mesmos, o Compos tentouno e tivo o gol nas botas de Saro, pero o seu lanzamento co exterior, ao segundo pau, foi sacado por Imanol a córner. A esta ocasión, respondeu o Barco cun lanzamento de falta de Rubén García que sacou Lorenzo da escuadra.

Cos trocos, o Barco deu un paso atrás e pechou filas. Taparon moitos ocos e ao Compos custoulle máis xerar ocasións, mentres o rival buscaba a velocidade dos seus dianteiros. Así, a ocasión máis clara dos nosos teríaa Primo no 85. Unha contra levada por Santi e Sobrido acababa nos pés do dianteiro centro, quen un pouco forzado enviaba o esférico ao lateral da rede.

Seguiuno tentando o Compos, pero o resultado xa non se movería. O equipo morreu loitando ata o último minuto, mostrando unha gran imaxe ante unha afección que apoiou durante todo o encontro. Esta é a imaxe a seguir para loitar polo noso soño. Toca xa pensar na visita á Illa de Arousa.

FICHA TÉCNICA:

SD Compostela: Lorenzo; Saro, Cardeñosa (Ube, m.45), David Uña, Mon; Álvaro Casas, Samu; Róber (Sobrido, m.71), Álex Ares, Rubén (Santi, m.62); e Primo.

CD Barco: Imanol; Sito, Cristobal Juncal, Omar, Isi; Cassio, Rubén García; Ivi Vales, David Álvarez (Tato, m.62), Mitogo (Iván Argos, m.80); e Ñiles (Raly, m.32).

Goles: 0-1: Cristóbal Juncal, min.44.

Árbitro: Cives Enjo, colexio coruñés. Amoestou a David Uña, polos locais, e a Raly, Cristóbal Juncal, Sito e Isi, polos visitantes.

Incidencias: Partido da décima xornada de Liga de Terceira División disputado no Estadio de San Lázaro ante 750 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

22 hours ago

SD Compostela
Moito ánimo, Marco Baña 🩵🤍 O noso xogador foi operado con éxito do xeonllo dereito tras sufrir unha lesión ligamentosa O noso canteirán comeza o proceso de recuperación, acompañado polos nosos servizos médicos e recuperadores Volverás máis forte ca nunca! 💪 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Nova saída para os nosos na liga⚽️ 𝐗𝟐𝟒🆚 Club Deportivo Lugo B🗓️ Domingo, 8 de marzo🕟 16:30 horas🏟️ A ChedaEste domingo, buscaremos recuperar a senda do triunfo en Lugo! 🙌#LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ O equipo regresa esta tarde aos adestramentos🏟️ Comeza a preparación para a visita ao filial do Lugo#LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🔚 FINALClub Juventud Cambados 0️⃣-0️⃣ COMPOS📸 Nacho Castaño #cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
⏱️ COMEZOU a 2ª metade 💪⚽️ Imos a pola vitoria!📸 Nacho Castaño #cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.