O filial, o Xuvenil B e o Alevín B poñen a nota positiva

16 de Outubro de 2017
O Xuvenil Nacional antes do encontro contra o Santa Mariña.
O Xuvenil Nacional antes do encontro contra o Santa Mariña.
  • O filial suma 13 puntos de quince posibles nos últimos encontros.

  • O Nacional perdeu por segunda semana consecutiva.

  • O Alevín B sitúase nas primeiras posicións da clasificación.

Santiago de Compostela, ao 16 de outubro de 2017.

Tres vitorias e cinco derrotas, ese foi o saldo que deixou a xornada da fin de semana para as categorías inferiores do Compos. O filial, que leva cinco partidos sen perder, o Xuvenil B e o Alevín B foron os triunfadores na base branquiazul.

O Zona Vella, filial branquiazul, conseguiu unha gran vitoria de visitante, remontando ao Bandeira. Os santiagueses lograron o cuarto triunfo en cinco partidos, refacho que os sitúa na cuarta posición preto dos postos de ascenso.

O equipo local púxose por diante no marcador no minuto 8, vantaxe que manterían ata o descanso. Con todo, nunha gran segunda parte, o Zona Vella remontaría mercé aos goles de Losada, Rodrigo, á saída dun córner, e Seijo, culminando unha contra nos últimos instantes.

En canto ao xuvenil de Nacional repetiu mala fortuna, caendo por segunda vez na semana. Tras a súa derrota en Abegondo, esta vez foi superado por un gran Santa Mariña. Marcos Mella, no 75, foi o autor do tanto local, no minuto 75.

Mellor sorte correu o Xuvenil B que pecha a semana con sete puntos de nove posibles. Esta vez, de visitantes, superaron ao Manuel Peleteiro por 3-4.

No partido, despois de que os locais se adiantasen no marcador, no intervalo do minuto 22 ao 35, os branquiazuis anotarían os catro tantos, obra de Raúl García, por dúas veces, Marcos Andrade e Xosé Carlos González. Na segunda metade chegaría a reacción dos locais, pero os nosos conseguiron manter a vantaxe.

O Cadete, tras grandes resultados nas últimas semanas, non foi capaz de superar o duro encontro disputado nas Cancelas contra o Villestro, segundo clasificado. Dous tantos de Pablo e Blas, no segundo período, déronlles os tres puntos aos visitantes.

O Infantil A, tras a súa vitoria ante o Dubra, non foi capaz de repetir experiencia e caeu na súa visita ao CD Rois por 2-1. Os tres goles do partido chegarían entre o minuto 47 e o 54. Adiantaríanse os locais, empataría o Compos aos dous minutos, pero o Rois volveu marcar, ao cabo o tanto decisivo, cinco despois.

Nos alevíns, o A perdeu por 0-7 contra o Vitoria FC, mentres que o Alevín B derrotaba á SD Villestro, líder ata o momento, por 3-2, cun tanto decisivo no minuto 45.

Por último, o Benxamín tamén foi derrotado polo Vitoria FC, con idéntico resultado ao do alevín.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 1 CORUXO- 0
  • COMPOSTELA- 1 CORUXO- 0
  • COMPOSTELA- 1 CORUXO- 0
  • COMPOSTELA- 1 CORUXO- 0
  • COMPOSTELA- 1 CORUXO- 0
  • COMPOSTELA- 1 CORUXO- 0

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🙌 Roque está de volta!!!🤝 O canteirán regresa ao Compos e firma ata final de campaña!!! 𝐑𝐨𝐪𝐮𝐞 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/2023/11/30/roque-regresa-sd-compostela-fichaxe/ #benvidoroque #roqueédocompos #unnovocamiño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 AGOTAMOS as 240 entradas, PERO XA PEDIMOS MÁIS!!! 👐 Se aínda non a tes, MAÑÁ pola MAÑÁ, ata as 15.00 HORAS, poderás MERCA A TÚA ENTRADA na nosa Oficina!!! 🎟#pontevedracomposUn derbi e un auténtico partidazo!!! Un encontro no que iremos a por todas!!! 🩵🤍 🆚 Pontevedra Club de Fútbol SAD 🗓️ 03.12.23⏰ 17.00🏟️ Pasarón🎟️ RECORDA que temos as entradas para a zona visitante á venta na nosa Oficina!!!#PontevedraCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Horario confirmado para o encontro de despedida do ano na nosa casa!!! 🩵🤍⚽️ X15🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 10.12.23⏰ 12.00🏟️ Estadio Verónica Boquete🥖 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚 O Pan de Leis!🎟️ app.cluber.es/clubes/64770af75c3ab340920086/pagos/6566fd34cb3f3943395285#composvetusta #unnovocamiño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Un derbi e un auténtico partidazo!!! Un encontro no que iremos a por todas!!! 🩵🤍 🆚 Pontevedra Club de Fútbol SAD 🗓️ 03.12.23⏰ 17.00🏟️ Pasarón🎟️ RECORDA que temos as entradas para a zona visitante á venta na nosa Oficina!!!#pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
SD Compostela's cover photo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.