Visita á Illa para recuperar sensacións

21 de Outubro de 2017
Yago Iglesias na rolda de prensa previa ao encontro.
Yago Iglesias na rolda de prensa previa ao encontro.
  • O técnico branquiazul asegura que o Céltiga é un conxunto totalmente distinto ao de pretempada, moito máis práctico.
  • Diego Rey pode contar con minutos por primeira vez na tempada.
  • Yago Iglesias asegura que seguirá rotando na portería.

Santiago de Compostela, ao 21 de outubro.

Nova viaxe para recuperar sensacións. Despois da derrota na casa contra o CD Barco, a SD Compostela visitará o campo Salvador Otero para enfrontarse ao Céltiga FC, nun partido no que quere repetir as grandes actuacións que está a realizar como visitante.

A pesar da última derrota, o equipo branquiazul está asentado na zona alta da táboa, polo que ve necesario sumar fóra da casa para manterse aí. Para iso, terá que superar a un equipo que chega cunha gran xeira tras o cambio de adestrador.

“É un Céltiga totalmente distinto ao de pretempada, un conxunto moito máis práctico, co novo técnico, que xoga un fútbol máis simple, pero eficaz e que ten xogadores contrastados na categoría e que no seu campo son difíciles de bater”, analiza Yago.

Ademais, outro punto que ten moi en conta o corpo técnico son as características do terreo de xogo. “Pola súa situación xeográfica -campo aberto, pegado ao mar e de herba natural- as inclemencias do tempo poden pautar o devir do partido”, explica. Estas circunstancias favorecen ao xogo local, aínda que Yago Iglesias agarda que “nos adaptemos ben ao que teñamos enfronte, tal como estamos a facer durante a tempada”.

A todo isto, haberá que sumar a motivación dun conxunto que encherá a bancada coa visita branquiazul e a presenza de ex xogadores composteláns, “algo que sempre é máis bonito”.

En canto ao propio, o Compos tivo unha semana normal na que “houbo días para preparar cousas e sacar conclusións positivas do crecemento do equipo no xogo e para mellorar noutras”, aclarou o técnico.

Outro punto positivo é a recuperación de Diego Rey, quen “aos poucos está a coller o ritmo e adaptándose mellor aos compañeiros, porque leva tempo sen adestrar con eles”.

O extremo entra nun plantel moi competitivo, no que todos os xogadores renden a un gran nivel, polo que Yago non ten problema en tirar de rotacións, mesmo na portería: “Cando tes dous moi bos porteiros, dos mellores da categoría, e dáslle a oportunidade e fano ben e compiten a un alto nivel, a verdade é que o único que podemos facer é que xoguen ambos, que se sentan participativos e importantes como o resto de xogadores”, explicou o adestrador branquiazul.

Por tanto, Yago Iglesias terá que decidir quen serán os once valentes que busquen un novo triunfo para o Compos fóra de casa, no Salvador Otero. A tarefa será complica pero corpo técnico e equipo confían nas súas posibilidades. Ademais, esperan un gran apoio dos afeccionados, cunha gran afluencia de público santiagués, como en todas as súas visitas.

CONVOCATORIA:

Lucas, Lorenzo, Saro, Cardeñosa, Uña, Mon, Ube, Samu, Álvaro Casas, Alberto Freire, Álex Ares, Róber, Diego Rey, Sobrido, Santi e Primo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 days ago

SD Compostela
x24 🆚 Real Racing Club (Rayo Cantabria)🏟️ Vero Boquete🗓️ Domingo 23/02🕔 17.00 horas💡 Ojoalvatio Asesoría Energética📺 En Xogo 🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/ 🎯 A facer bo na casa o empate de onte#composrayocantabria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️⚽️ Plan de traballo para o regreso ao Vero Boquete contra o Real Racing Club (Rayo Cantabria)#composrayocantabria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔚 FINAALUM Escobedo 0⃣-0⃣ COMPOS+1⃣ punto!⚽️ Bo partido dos nosos, dominando o encontro, pero sen capacidade para aproveitar as súas ocasións de perigo!🙌 Toca facer bo este empate o próximo domingo na casa!📸 Adriel Sierra#escobedocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOUM Escobedo 0️⃣-0️⃣ COMPOS Primeira metade moi controlada polos nosos, sen recibir ocasións e buscando o gol ante un rival en bloque baixo#escobedocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐎𝐒 𝐍𝐎𝐒𝐎𝐒 🩵🤍#escobedocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.