Vitoria contundente do Compos no Salvador Otero

22 de Outubro de 2017
Santi Gegunde pechaba o seu hat trick con este golazo de cabeza. Foto: Amadeo Rey.
Santi Gegunde pechaba o seu hat trick con este golazo de cabeza. Foto: Amadeo Rey.
  • Santi Gegunde anotou o seu primeiro hat trick coa camiseta branquiazul.

  • Álex Ares sentenciou co seu dobrete.

  • Quinta vitoria de visitante, unha máis que o curso pasado.

Santiago de Compostela, a 22 de Outubro de 2017.

A SD Compostela segue imparable de visitante. No Salvador Otero, a pesar de enfrontarse a un rival cunha gran xeira, o Compos exhibiu un gran fútbol combinativo, solidez defensiva e un gran acerto arriba. O Céltiga tentouno, pero non puido facer nada ante o alarde futbolístico santiagués, que suma e segue para manterse no alto da táboa.

Santi por tres veces e Alex Ares outras dúas superaron ao meta local para pechar o encontro cun contundente 0-5. Goleada de nivel para un conxunto que acumula xa cinco vitorias, en seis partidos, de visitante. A estas alturas do curso, o cadro santiagués xa logrou máis vitorias lonxe de San Lázaro que en toda a tempada pasada.

O Compos saíu ao terreo de xogo do Salvador Otero coa confianza de que se repetían a actuación de encontros anteriores lograrían os tres puntos, e así foi. Dominaron a posesión desde o minuto un e cando tiveron a primeira, enchufárona.

Sería antes da media hora de xogo cando se adiantarían os nosos. Centrou Saro desde a dereita, asistiu Róber de cabeza e Santi Gegunde remachaba, tamén de cabeza, o esférico ao fondo das mallas.

Seis minutos máis tarde, Manu Táboas despexaba a córner un cabezazo de Cardeñosa de socato. Con todo, á saída dese córner, de novo Santi Gegunde, metía de cabeza o segundo.

E antes de que pitase o colexiado o descanso aínda caería outro para a conta do Compos. Samu, que repetiu no medio, era derrubado na área e o árbitro sinalaba penalti. Álex Ares, enganando ao porteiro, sería o encargado de transformalo.

Con esta cómoda renda chegaríase ao descanso, pero o Compos quería máis e saíu a morder á saída dos vestiarios. Deste xeito, aos dous minutos, anotaría o cuarto, nunha xogada calcada ao segundo tanto. Santi Gegunde selaba o seu hat trick particular, o seu triplete de cabeza, rematando o balón á saída dun córner.

Co cuarto, o partido acougouse pero aínda veriamos outro gol máis. Santi Gegunde pechaba a súa tarde espectacular cunha gran asistencia para Álex Ares, quen axustando o balón á cepa do poste anotaría a súa segunda diana e a quinta e última do partido.

Tras o último tanto, o encontro durmiríase cos cambios. Acabábase así un partido magnífico do Compos, que goleou de visitante para manterse no alto da táboa, antes dunha próxima semana frenética, con tres partidos, dous deles de local.

Cunha vitoria máis, que nos achega un pouco ao noso soño, o obxectivo agora é rubricar os triunfos de visitante con novos triunfos en San Lázaro. A máquina compostelanista segue funcionando.

FICHA TÉCNICA

0- Céltiga FC: Manu; Paco, Angelo, Capi (Carlos, m.46), Marcos; Javi, Manu; Nico (Uru, m.74), Tato (Camiño, m.62), Eloy; e Stefan.

5- SD Compostela: Lorenzo; Saro, Cardeñosa, David Uña, Mon; Samu (Ube, m.58), Álvaro Casas; Róber, Álex Ares (Diego Rey, m.62), Santi (Sobrido, m.72); e Primo.

Goles: 0-1: Santi Gegunde, min.26; 0-2: Santi Gegunde, min.33; 0-3: Álex Ares, min.42; 0-4: Santi Gegunde, min.47; 0-5: Álex Ares, min.57.

Árbitro: González González, colexio ourensán. Amonestou a Angelo, Marcos e Paco, polos locais, e a Samu e Álvaro Casas, polos visitantes.

Incidencias: Partido da undécima xornada de Liga de Terceira División disputado no campo Salvador Otero ante 500 espectadores, moitos deles santiagueses.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🫂🩵🤍Todos xuntos! 🤝A por unha nova final este domingo! 💪ℹ️ Recorda que se eres abonado maior de 17 anos podes retirar unha invitación (só online) 🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🙌 Co apoio de todos, FORZA COMPOS! 📸 Nacho Castaño #composgimnástica ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 Gimnástica de Torrelavega🏟️ Os nosos adestraron esta mañá no Vero Boquete para preparar o partido vital deste domingo ás 17.00 horasImos a por todas, todos xuntos! 🩵🤍#composgimnástica ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
Hoxe temos de aniversario ao noso adestrador de porteiros, 𝐈𝐚𝐠𝐨 𝐓𝐚𝐛𝐨𝐚𝐝𝐚 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Iago!A celebralo este domingo cun triunfo 💪⚽️📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⌚️ Horario confirmado para as dúas últimas xornadas, que serán unificadas 🩵🤍x33 🆚Real Ávila CF 🏟️ Adolfo Suárez🗓️ Domingo, 27 de abril🕛 12.00 horasx34 🆚 Real Valladolid C.F. S.A.D Promesas 🏟️ Vero Boquete🗓️ Domingo, 4 de maio🕛 12.00 horas🧴 Laboratorios Ozoaqua - Expertos en Dermocosmética con Aceites ozonizados #ávilacompos #composrvcantera ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
E repetiuse éxito nesta pasada xornada 🩵🤍✅ Compos✅ Filial (Sigüeiro FC - ED Xuventude Oroso)✅ Xuvenil A (Canteira Picheleira) A por outra máis 💪 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.