O Alevín B salva unha mala xornada

23 de Outubro de 2017
Imaxe do partido do Alevín A contra o Villestro. Foto: Toncholeto.
Imaxe do partido do Alevín A contra o Villestro. Foto: Toncholeto.

Santiago de Compostela, a 23 de Outubro de 2017.

Xornada aciaga para as categorías inferiores do Compos. O Alevín B, que escala ao cuarto posto da xeral, foi o único conxunto branquiazul que foi capaz de sumar algún punto, despois de superar ao Burgo das Nacións por 0-1.

En primeiro lugar, o filial viu cortado o seu gran refacho de resultado ao caer contra o líder, o San Mamed por 1-2. Os visitantes marcaron dous tantos nos últimos minutos e, pese ao tanto de Javier López de penalti no 89, levaron os tres puntos de Santa Isabel.

En canto ao xuvenil de Nacional, acumulou unha nova derrota. Metido nunha dinámica negativa perdeu na súa visita ao Pavillón Ourense por 1-0, un tanto encaixado á media hora de xogo. Metido en zona de descenso buscarán recuperar sensacións o próximo fin de semana nas Cancelas contra o Vitoria.

Pola súa banda, o Xuvenil B perdeu a súa serie de tres partidos invicto tras caer contra o Milladoiro, segundo clasificado, por 2-4. Os visitantes adiantáronse no marcador, pero Raúl García, no 64, e Xosé Carlos González, no 76, darían a volta ao marcador. Con todo, nese últimos quince minutos, o Milladoiro sentenciaría con tres tantos consecutivos.

O Cadete, na súa visita ao líder, levou unha dura derrota por sete goles a cero, resultado que lle provoca caer dous postos na clasificación, aínda que seguen na metade da táboa.

En categoría infantil, o A perdeu pola mínima, 2-3, ante un dos favoritos da liga, o Xuventude Oroso. A pesar de empatar o partido a dous goles, o Oroso levou o triunfo cun gol no minuto 78. Mentres, o B descansou esta xornada.

O Alevín para caeu derrotado na súa visita ao Villestro por 2-1, co que se coloca na novena praza con seis puntos. Por contra, o Alevín B segue coa súa gran actuación e venceu de visitante ante o Burgo dás Nacións, ao que adianta na clasificación, por 0-1. O tanto chegou no minuto 41.

Por último, o Benxamín volveu sufrir coa falta de efectivos e perdeu por doce a un contra o Atlético Fátima.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

14 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe temos de aniversario ao noso gran delegado, AnteloMoitos parabéns!!! A desfrutalo!!!E moitas grazas polo teu traballo e compromiso, sempre ao servizo para o mellor do Compos 🩵🤍 📸 Ignacio Castaño Gómez ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🆕🩵🤍 Ces Cotos, equilibrio, personalidade e bo trato de balón para o centro do campo do Compos⚽️ O mediocentro venezolano, con ampla experiencia no fútbol galego, chega do Utebo, da #SegundaFederaciónℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/21/ces-cotos-fichaxe-compos-26-27/#benvidocescotos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Xa dispoñible á venta a nova camiseta do Compos!!🙌 Na #compostenda ou na web de Fútbol Emotion 📲 www.futbolemotion.com/es/categoria/colectivos/equipaciones-s.d.-compostela🎟️ RECORDA que se eres abonado, tes un 10% de desconto!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🔚 Remata a primeira proba da pretempadaCOMPOS 0️⃣-4️⃣ RC Deportivo👏 Moi boa imaxe dos nosos na casa na estrea de Carlos de LermaPrimeiros minutos para as novas fichaxes e moita presenza da @cantpicheleira📸 Ignacio Castaño Gómez#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 0️⃣-1️⃣ Real Club Deportivo de La Coruña 👉 Chegamos ao tempo de lecer no Vero Boquete! Moi boa imaxe dos nosos nestes primeiros 45 minutos!#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.