En busca de superar a materia pendente

27 de Outubro de 2017
Yago Iglesias en rolda de prensa.
Yago Iglesias en rolda de prensa.

 

  • Yago ten a todos os xogadores dispoñibles, agás Sergio.

  • O equipo quere lograr a cuarta vitoria en casa.

Santiago de Compostela, a 27 de Outubro de 2017.

Se o Compos ten algunha materia pendente neste inicio ligueiro, este é vencer na casa contra un rival da parte alta. Ata o momento, tras un arranque espectacular de visitantes, dúas das tres derrotas sufridas polos branquiazuis foron no fortín de San Lázaro, ante o CD Boiro e o CD Barco. Por iso, os branquiazuis desexan que chegue o domingo para enfrontarse ao Arosa SC, un conxunto que chega a San Lázaro cunha gran xeira, xa que gañou os tres últimos encontros ligueiros.

“O equipo está ben. Volvemos xogar en San Lázaro, contra un bo equipo, chamado a estar arriba, e queremos volver sumar de tres. É a débeda que temos, coa afección e sobre todo con nós mesmos. Queremos romper esa xeira”, explica Yago Iglesias. O técnico aclara que os xogadores e a afección meréceno.

Nestas dúas derrotas, un denominador común foi que o equipo rival se puxo por diante no marcador, polo que Yago asegura que deben “saír ao ataque e que despois o rival se teña que expoñer se está por baixo no marcador”.

Aínda así, a tarefa complicarase xa que esperan que os visitantes tenten ter o balón, a diferenza do curso pasado. “O Arosa do ano pasado foi un equipo, que polo momento no que chegaba, con cinco puntos de vantaxe, saíu a non expoñer e así encaixou catro goles. Con todo, este ano non empezaron ben e teñen necesidade de puntos, polo que cremos que xogarán como contra o Boiro, querendo a posesión e que veñan a apertarnos arriba”, detalla o técnico.

Ademais, en canto ao equipo arousán, o adestrador branquiazul comentou que “é un equipo que ten continuidade, no adestrador tamén, e que saben ao que xogan. Ficharon a poucos xogadores, pero moi bos para o que propoñen”. Entre esas fichaxes, Yago destaca a Marcos, Yerai, Anxo ou Beceiro, á vez que argumenta que “ten xente moi rápida arriba, con moito gol, e con Javi Pazos como referencia”.

Pola súa banda, Yago poderá contar con todos os seus efectivos, agás Sergio Pereira, que se reservará para os encontros desta próxima semana.

Os dezaseis que sexan da partida teñen a premisa clara: “Somos conscientes do que queremos facer, do equipo que temos e queremos dar ese paso adiante”, di Yago.

Co apoio do público de San Lázaro, nun encontro no que se agarda unha gran entrada, o Compos espera lograr unha nova vitoria que o manteña nos postos altos da táboa, rompendo así esa pequena materia pendente.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Coruxo FC👉 Os nosos para o derbi de mañá no Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.