O alcalde recibiu ao presidente da SD Compostela

6 de Novembro de 2017
Noa Morales, esquerda, Martiño Noriega, Antonio Quinteiro e Ramón Castro.
Noa Morales, esquerda, Martiño Noriega, Antonio Quinteiro e Ramón Castro.

Santiago de Compostela, a 6 de Novembro de 2017.

Martiño Noriega, alcalde de Santiago de Compostela, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi a unha pequena representación da Sociedade Deportiva Compostela, composta polo seu presidente, Antonio Quinteiro, e o responsable das relacións institucionais, Ramón Castro. Na reunión tamén estivo presente a concelleira de deportes, Noa Morales.

Os compromisarios santiagueses quixeron agradecerlle nesta visita a cesión das instalacións por parte do concello, con especial importancia para o Estadio de San Lázaro e o campo de San Lázaro II.

Ademais, os dirixentes branquiazuis falaron sobre a importancia de que o plantel estea composto por xogadores que teñen unha media de idade menor aos 23 anos, unha circunstancia que favorece tamén á cidade. Moitos deles son, ao mesmo tempo, estudantes na Universidade de Santiago de Compostela.

Por último, Antonio e Ramón convidaron ao señor alcalde a que asista a algún encontro disputado en San Lázaro, deleitándose co xogo do actual líder da categoría.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🙌🩵🤍 SODES A NOSA FORZA!!!🏟 Esgotadas as entradas de Tribuna!!!🎫 A partir de agora, só á venta Preferencia!!!📲 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/👉 Xeral 15€ | Menores de Idade 2€💪 TODOS XUNTOS, A COMEZAR A FINALÍSIMA DA MELLOR MANEIRA#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Semana de adestramentos completada e estamos preparados para a gran cita de mañá🏟 Todo listo para comezar a final na nosa casa da mellor maneira💪🫂 Co voso apoio desde a bancada, imos a polo mellor resultado posible📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
📢📸️SORTEO RETRO👉 Co lanzamento da reedición oficial da nosa camiseta emblemática con Zico, sorteamos 1⃣ entre os que mañá veñades ao campo cunha camiseta antiga do Compos 🩵🤍𝐏𝐚𝐫𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐫:✅ Trae ao campo a túa camiseta retro do Compos✅ Saca unha foto con ela na bancada e súbea á túa historia de Instagram✅ Menciona a @sdcompostela_oficial 👉 Sortearemos a camiseta entre todos os que subades foto cunha camiseta retro do Compos🗓️ Anunciaremos ao/á gañador/a nas nosas Stories o martes, 16 de xuño* Se tes o perfil privado, envía unha captura a nosa conta co Stories publicado#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 CF Badalona 🩵🤍 Os nosos para o partidazo de mañá na ida da finalísima do play off na nosa casa✅ Convocados todos os xogadores do primeiro equipo #composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ O noso técnico analizou a previa do encontro de ida da finalísima do play off, que se xogará mañá na nosa casa👉 Coa forza de todos, buscaremos o mellor resultado posible para a rolda definitiva#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.