A SD Compostela colabora co Forno dos Soños

30 de Novembro de 2017

Forno dos Soños

  • Este domingo haberá un forno na porta 3 de entrada á Tribuna do Estadio.
  • Os 7 gañadores coñeceranse o próximo 22 de decembro.

Santiago de Compostela, a 30 de Novembro de 2017.

A porta de acceso a Tribuna de San Lázaro (Porta 3) estará acompañada este domingo dun forno de papel onde todos aqueles que así o desexen poden depositar os seus desexos. A SD Compostela colabora así con esta iniciativa de Forno dos Soños, unha proposta que surxe dun curso de emprendemento do Concello de Santiago.

O funcionamento é moi sinxelo. Na porta do estadio haberá un forno de papel, que funciona como urna, para que todo o mundo deposite o seu soño. Repartirán máis de 500 fornos por toda a cidade e o día 22 de decembro farán un evento no que se premiarán 7 soños escollidos de todos eses fornos. Os/As gañador@s serán premiados cun dos seus servizos (unha sesión de fotos, un tocado, asesoramento para decorar o seu espazo…).

Polo tanto, invitamos a todos os asistentes ao encontro a que depositen o seu soño no forno alí presente. Nos tamén o faremos, temos claro o noso desexo. Peregrinamos cara un obxectivo e precisamos de vós para acadalo.

Forno dos Soños

Este proxecto está formado por 7 emprendedores, 7 forneiros e forneiras con 7 soños que están a facer unha campaña publicitaria para poñer en valor o emprendemento co fin de dar a coñecer o seu traballo. Un fotógrafo, dúas artistas textiles, unha deseñadora de tocados,un deseñador especialista en iluminación, unha organizadora de eventos e unha organizadora de espazos conforman o equipo dunha plataforma que pretenden que sexa viral.

Queren que esta iniciativa se faga viral, estar en todas partes: nas redes sociais, en espazos físicos, medios de comunicación, aquí, alí e acolá.. Se alguén quere apoiar o seu proxecto poderá contactar con eles no correo ofornodossonhos@gmail.com ou visitar as súas redes sociais.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Coruxo FC👉 Os nosos para o derbi de mañá no Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.