Peche do ano en San Lázaro

1 de Decembro de 2017

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/g5WaED-CbZo” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • Cardeñosa é a única baixa segura.

  • O técnico espera que a vitoria ante o Negreira achegue confianza para lograr máis vitorias na casa.

Santiago de Compostela, a 1 de Decembro de 2017.

A SD Compostela regresa ao seu fortín para disputar o último encontro do 2017 nel. Os branquiazuis, tras dúas vitorias consecutivas, buscarán outros tres novos puntos para manter o liderado da categoría. Para iso, os nosos terán que superar ao recentemente ascendido con mellor rendemento ata o momento, o CD Arenteiro.

Os do Carballiño, a pesar de subir no último momento, demostraron o seu nivel con triunfos contra equipos punteiros da liga. “Clasificación di o que é, paréceme un equipo para ter en conta e os puntos que leva son por méritos propios”, comenta  Yago Iglesias. O técnico destaca a un plantel con “xente con experiencia na categoría, mesmo de máis arriba como o caso de Portela, que lle gusta correr ao espazo e que defende ben”. Por esta razón, o corpo técnico espera un encontro no que os visitantes van tentar “defenderse do noso estilo de xogo e saír rápido ao contraataque”.

Con todo, a volta a San Lázaro é un síntoma de alegría para o grupo. A pesar dun comezo dubitativo en canto a resultados, a dinámica no fortín santiagués é moi positiva. “Non temos dúbida de que imos ir a máis na casa, máis aínda despois do triunfo claro contra o Negreira, ten que servirnos para que o equipo o crea e para lograr os nosos obxectivos”, sentenciou o adestrador.

Para esta ocasión, o corpo técnico poderá contar con todos os seus efectivos, fóra de  Cardeñosa e coa dúbida de Alberto Freire. “Carde xa está recuperado da rotura, pero no adestramento de onte levou un golpe e a contusión impediralle xogar o domingo, mentres que, pola súa banda, Alberto ten algunha molestia e valoraremos se é da partida”, detallou o ribeirense.

Os que si están ao 100% son Lorenzo e Lucas. Ambos levan rotando durante todo o campionato e a tónica seguirá no que resta de tempada. Con todo, Yago non quixo mollarse acerca de quen xogará este domingo. “Escollemos ao porteiro en base ao que queremos. Temos aos dous mellores da categoría e sería inxusto que só xogase un. Xogue quen xogue, estou tranquilo. Confío cegamente neles e é importante que ambos se sentan importantes”, recalcou.

Esta tónica tamén se amplía ao resto do plantel. “Todos os xogadores están enchufados e nós estamos a matar con eles”, explica Yago. Este gran rendemento de todos permite que a estas alturas o equipo ocupe a posición que ocupa, aínda que o técnico quere recalcar algo: “Queda moito por diante, o que queremos é estar nesta posición na mesma xornada da segunda volta”. Por esta razón, a táboa serve só para dúas cousas, aclara o adestrador: “Serve como termómetro para saber que estamos a facer as cousas ben e dános confianza para saber que este é o camiño correcto”.

Por tanto, a premisa é saír ao 200% para non deixarse sorprender e seguir en tan privilexiada posición. O fortín de San Lázaro ten que volver ruxir con outra vitoria branquiazul. Sería a mellor maneira de pechar o ano na casa.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

20 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron esta tarde a semana de traballo para a volta da finalísima👉 Xornada para recuperar folgos e comezar a preparar o encontro no Municipal de Badalona💪 Queda un encontro e imos a por todas para acadar o obxectivo#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 90 minutos por diante para acadar o obxectivo🫂 Este domingo, co voso apoio, desde Badalona, Compostela ou desde as vosas casas, a polo ascenso🆚 CF Badalona ⚽️ 𝐕𝐨𝐥𝐭𝐚 𝐅𝐢𝐧𝐚𝐥🗓 21/06🕧 12:30 horas🏟️ Municipal de Badalona#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos da un importante paso na finalísima, coa axuda de todos, tras gañar 3⃣-0⃣ na casa 💪 Valeron os goles de Valín, Antón Guisande e Charly🔜 Quedan 90 minutos en Badalona para defender a renda 👉 sdcompostela.com/gl/2026/06/14/compos-3-0-badalona-finalisima/📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Vecho⚽️ O segundo adestrador, hoxe no banco pola sanción a Secho, analizou na sala de prensa o bo resultado, 3⃣-0⃣, na ida desta final nacional polo ascenso#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 3️⃣-0️⃣ CF Badalona⚽️ Valín, Antón Guisande e CharlyQUEDAN 90 MINUTOS!!! 🩵🤍SEGUIMOS PASO A PASO A POLO OBXECTIVO 💪💪GRAZAS A TODOS, UNHA VEZ MÁIS, POR ESTE AMBIENTAZO!!! SEGUIMOS TODOS XUNTOS!!! 🫂📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.