Vitoria clara para despedir a San Lázaro

3 de Decembro de 2017
Momento do gol de Primo, nun encontro patrocinado por Altenex. Foto: Amadeo Rey.
Momento do gol de Primo, nun encontro patrocinado por Altenex. Foto: Amadeo Rey.
  • Álex Ares, Primo,  Róber e  Ube foron os goleadores do partido.

  • O  Compos mostrouse moi superior ao seu rival.
  • Con este resultado mantén o liderado.

Santiago de Compostela, ao 3 de decembro de 2017.

Nova vitoria do Compos como local. Os nosos superaron por 4-0 ao Arenteiro, nun partido no que foron moi superiores e co que conseguen manter o liderado antes do parón pola selección. Foi ademais a despedida de San Lázaro neste ano.

Álex Ares abriu a lata desde o punto de penalti e despois xa foi todo máis sinxelo. Primo, Róber, tamén desde a pena máxima, e Ube certificarían o triunfo final.

O partido comezou cuns primeiros minutos máis tácticos e con moito poderío defensivo, o Compos non era capaz de xerar o perigo doutras ocasións. O balón non chegou á área ata o minuto 22, cando Alex tivo que tirar de reflexos para sacar un tiro potente de Álex Ares. O zapatazo do mediapunta desde a frontal produciuse tras unha gran arrancada de Tomás, levándose a catro rivais e co centro posterior de Santi de primeiras.

Non foi á primeira, pero si á segunda. Nunha nova aparición de Tomás e Álex Ares, o segundo acababa derrubado na área por Portela. Os dous branquiazuis fóronse entre paredes regateando rivais ata o penalti. O propio Ares foi o encargado de transformalo, forte e polo centro.

Coa vantaxe no marcador fóronse ambos os conxuntos ao tempo de descanso. A superioridade local, non materializada en ocasións neses 45 minutos, cambiou no segundo tempo. Os nosos arrincaron con moita potencia e tiveron grandes ocasións para ampliar a vantaxe, ata que finalmente o fixeron.

Na máis clara deses primeiros minutos,  Róber mandaba arriba un remate só desde o punto de penalti. O extremo recibiu a asistencia de Sergio Pereira pero, con todo de fronte, fóiselle o lanzamento por encima do traveseiro.

Con todo, tres máis tarde chegou xa o tanto. Roubou o balón Mon, cedeu para Álex Ares, o mediapunta centrou co exterior e Primo, no segundo pau, remachou o balón á rede.

O dianteiro cántabro sería protagonista das dúas xogadas perigosas seguintes. Primeiro non anotou o dobrete por pouco, nun lanzamento que se foi lamendo a cepa do poste e despois recibía unha patada dentro da área e o árbitro sinalaba o punto fatídico. Esta vez sería Róber o encargado de transformalo, lanzando raso á parte esquerda da portería.

Non sería este o último tanto do partido, xa que no 80, Ube, que acababa de ingresar no terreo de xogo, anotaba o cuarto. O vigués batía a Álex cun gran lanzamento desde a frontal, tras asistencia de Tomás.

Tras o cuarto, o partido perdeu ritmo, pero aínda puido caer algún gol máis, sobre todo, na última xogada do encontro, nun lanzamento de falta de Mon que se foi ao traveseiro.

Con este gran disparo o público foise para as súas casas cun gran sabor de boca, despois de ver unha gran vitoria e cun gran xogo. De novo coa portería imbatida, os branquiazuis conseguen manter o liderado. A afección xa está a desexar que sexa o novo ano para poder vibrar con estes xogadores no fortín branquiazul.

FICHA TÉCNICA:

4- SD Compostela: Lucas;  Sergio Pereira, Álvaro Casas, David Uña, Naveira; Tomás, Mon; Róber (Diego Rey, m.69), Santi (Ube, m.75), Álex Ares (Sobrido, m.81); e Primo.

0- CD Arenteiro: Álex; Maxi, Portela, Padrón, Saúl; Adil (Bardelas, m.60), Brais Vidal (Borja, m.72); Rubén Arce, Dani Chimpín (Iker, m.65), Carlos; e Igor.

Goles: 1-0: Álex Ares,  min.36; 2-0: Primo,  min.57; 3-0: Róber,  min.65; 4-0: Ube,  min.80.

Árbitro: Caamaño Vázquez, colexio vigués. Amoestou a Uña polos locais; e a Adil, Padrón e Carlos, polos visitantes.

Incidencias: Partido da décimo oitava xornada de liga de Terceira División disputado no Estadio de San Lázaro ante 680 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🤸‍♂️⚽️ Unha de malabares para arrincar esta nova semana de pretempadaA sesión de onte deixounos esta dobre acrobacia de TurbiDous golazos que nos deixaron coa boca aberta! 🤯🤯🤯🎥 Veo #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝🩵🤍 A familia do Compos é solidaria!Fixemos entrega á Fundación Stop Leucemia dunha donación de 665€ pola venta de 133 camisetas benéficas para a súa campaña "Regala Ciencia"🙌 Agradecemos a Fútbol Emotion, Casal Cotòn e á Fundación a súa colaboración nesta gran iniciativa📸 No acto de entrega, estiveron presentes Carlos Pérez, investigador da Fundación Stop Leucemia; e María del Carmen Casal, de Casal e CotónXuntos, impulsamos a investigación sobre enfermidades como a leucemia! Grazas a todos por facelo posible! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
📹⚽️ O primeiro gol da pretempada 26/27🅰️ Unai Peón🎯 Dani González#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🏆🩵🤍 O COMPOS CONQUISTA DE NOVO O TROFEO VILA DE PADRÓNCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👏 Primeiro triunfo do verán, co primeiro gol e portería a cero🆕️ Estreáronse algunhas das fichaxes e houbo minutos para a Canteira Picheleira 📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👉 Chegamos ao tempo de lecer coa vantaxe para os nosos, logo do primeiro gol da pretempada!#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.