Os xuvenís amplían a súa xeira triunfal

4 de Decembro de 2017
Imaxe do partido do Infantil A.
Imaxe do partido do Infantil A.

Santiago de Compostela, a 4 de Decembro de 2017.

Os dous equipos xuvenís da SD Compostela puxeron a nota positiva a unha fin de semana na que tan só houbo unha vitoria. Ambos os equipos ampliaron así a súa boa xeira de resultados, coa que un segue escapando do descenso, mentres que o outro se aproxima aos postos de fase de ascenso.

En primeiro lugar, o filial encaixou a súa segunda derrota consecutiva despois de que caese derrotado en casa por 1-3 contra o Atlético Pino. O Zona Vella conseguiu recortar diferenzas no segundo tempo co tanto de Mateo García, pero os visitantes conseguiron anotar o terceiro na seguinte xogada e iso sentenciou o encontro.

O Nacional sumou un novo punto na súa visita ao Baltasar Pujales, nun partido no que foi superior ao seu rival, pero que non foi capaz de igualar ata os últimos minutos cun tanto de Yago Torrente. Co empate, o equipo branquiazul suma 7 puntos de 9 posibles.

Pola súa banda, o Xuvenil B venceu na casa contra o Atlético Fátima, achegándose aos postos de playoff. Marcos Andrade e Raúl García de penalti deixaron sentenciado un encontro no que o Fátima recortou diferenzas no tramo final.

En categoría cadete, o equipo sufriu outra derrota, esta vez contra o Conxo por 2-0. Os tantos chegaron no segundo tempo do encontro.

En infantís, o A perdeu contra o Escola Estrada por 0-3 e segue no décimo terceiro lugar da clasificación. Mentres, o B empatou a tres contra o Amio e segue quinto. Dous goles encaixados no últimos dez minutos impediron que os nosos sumarán os tres puntos.

Peor sorte tiveron os alevíns, xa que ambos perderon os seus encontros. O A saíu goleado no seu partido contra o líder, o Santiago, e o B, que con todo segue segundo, perdeu 1-4 contra o Amio. Por último, o Benxamín tamén perdeu por goleada ante o Conxo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
🤝🩵🤍 PARTIDO PATROCINADO🐟🍏🥩 O Mercado de Abastos de Santiago patrocina hoxe o #composastorga💚 Con motivo do patrocinio da Praza, esta tarde xogaremos coa nosa segunda equipaciónImos!! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 Atletico Astorga 🏟️ Vero Boquete🕔 17:00 horas🎟️ Entradas Online nas Historias Destacadas📺 En Xogo 🙌 A seguir coas boas sensacións!#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Atletico Astorga 👉 Os nosos para a cita de mañá na nosa casa! Recupéranse Edu González e Álex Gil#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 PREVIAO Compos recibe ao Atletico Astorga F.C. en busca do seu segundo triunfo consecutivo🗓️ Os nosos xogarán o sábado ás 17 horas co obxectivo de consolidar as boas sensacións obtidas no Vao📸 Ignacio Castaño Gómez#composatléticoastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎂 Hoxe temos de aniversario ao noso capitán, 𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐂𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨Moitos parabéns, Crespo!!A celebralo mañá cunha vitoria e que veña acompañado de moitos éxitos 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.