Primeiro Campus de Nadal do Compos

4 de Decembro de 2017
Imaxe do II Campus de Verán.
Imaxe do II Campus de Verán.

Santiago de Compostela, a 4 de Decembro de 2017.

A Sociedade Deportiva Compostela realizará o próximo mes de xaneiro a primeira edición do seu Campus de Nadal. Do 2 ao 5 de xaneiro, todos os nenos de entre 4 e 9 anos que así o desexen poderán participar nunha nova actividade da entidade, patrocinada nesta ocasión por Segundo Rey.

Neste Campus, que se celebrará no pavillón de Pontepedriña en horario de 10.00 a 14.00 horas, os nenos serán adestrados por diferentes monitores, xogando ao fútbol, pero tamén aprendendo valores moi importantes para o seu crecemento como a amizade ou o compañeirismo.  Ademáis, todos os días terán a visita dalgún xogador do primeiro equipo e sortearanse diferentes agasallos.

Para inscribirse, deben cumprimentar o díptico que poderán atopar nas oficinas do club ata o próximo 18 de decembro. O prezo é de 80 euros o xeral, 65 para federados, 60 para abonados ou fillos de abonados e 40 para xogadores da base ou irmáns de inscritos. A maiores poderán contratar o servizo de comida por 7 euros diarios en El Corte Inglés.

Desde o club quérese reiterar que esta é outra iniciativa para os máis novos co fin da promoción e crecemento para a canteira, tentando xerar a máxima ilusión desde pequenos no deporte do fútbol. A entidade quere ser o equipo referente e crear tendencia como entidade, sendo un exemplo neste aspecto.

OFRENDA

Doutra banda, o club realizará este mércores a tradicional ofrenda ao Apóstolo Santiago ás 12.00 horas na Catedral. Todo o persoal e o corpo técnico do primeiro equipo, así como membros das categorías inferiores estarán presentes neste acto relixioso no que o club lle pedirá sorte ao Apóstolo para esta tempada. No oficio tamén veremos funcionar ao Botafumeiro.  

Youtube

Instagram Compos

Facebook

19 hours ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨Hugo Matos, traspasado ao C.D. Numancia de SoriaGrazas polo teu traballo e esforzo durante todos estes anos e sorte para o futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
➕1⃣📣 Goris promociona ao primeiro equipo dende o Sigüeiro FC - ED Xuventude Oroso🤝 O mediocentro da Canteira Picheleira, que xa debutara co Compos, firma por unha tempada𝐆𝐨𝐫𝐢𝐬 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/18/goris-promociona-compos-25-26/#goris2026 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Parapar está de volta!🤝 O extremo coruñés regresa ao Compos para ser un puñal pola banda do Vero Boquete e acadar o ascenso𝐏𝐚𝐫𝐚𝐩𝐚𝐫 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/17/parapar-maxia-fichaxe-sd-compostela/#benvidoparapar ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐛𝐚𝐢𝐱𝐚Manu Barreiro non continuará na SD Compostela a próxima tempadaGrazas polo teu compromiso e traballo, Manu; e moita sorte para o teu futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Diego Rodríguez, polivalencia, xuventude e talento para a liña defensiva do Compos🤝 O defensa, que pode actuar como lateral ou central, ocupa ficha sub23 e firma por unha tempada𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨 𝐑𝐨𝐝𝐫𝐢𝐠𝐮𝐞𝐳 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/16/diego-rodriguez-fichaxe-compos/#benvidodiegorodríguez ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.