O Compos pecha a primeira volta en Redondela

16 de Decembro de 2017

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/gYPr1QgUF04″ video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • O equipo viaxa a Santa Mariña co reto de superar a barreira dos 40 puntos e manterse no alto da clasificación.

  • Enfróntanse un dos mellores locais contra o mellor visitante.

Santiago de Compostela, a 16 de Decembro de 2017.

Cun novo reto a superar entre cella e cella o Compos viaxa mañá a Santa Mariña. O equipo dirixido por Yago Iglesias quere pechar esta gran primeira volta con tres puntos que lle permitan manterse no alto da clasificación, tendo en conta tamén que ampliarían a distancia cun rival directo na loita polos catro primeiros postos.

O conxunto branquiazul chega ao partido tras un parón competitivo de quince días, polo que desde o corpo técnico espérase que o equipo responda igual de ben que ata a data. “O equipo adestrou moi ben estes días e agardamos que chegue co mesmo ritmo que ata antes do parón”, comentou Yago en rolda de prensa.

Coa única baixa de Cardeñosa por lesión, os xogadores “teñen moitas ganas de que chegue esta última xornada para pechar ben o ano”, dixo Yago. “Está claro que verse na posición na que estamos non é algo definitivo pero si que nos fai moita ilusión, pero sobre todo queremos superar a barreira dos 40 puntos porque, botando a vista atrás, moi poucos equipos lograron tantos puntos na primeira volta”, detalla un técnico que sentenciou que “é un reto que nos poñemos desde dentro”.

Para lograr este obxectivo, o adestrador explica que a estratexia pasa por “manter a liña de visitantes, sendo un equipo competitivo que non regala nada, no que todos corremos, pelexamos e somos un equipo, valla a redundancia”, porque actuando así, “se un equipo se quere impoñer a nós, ten que sufrir moito”.

Ademais, o partido servirá tamén como unha proba para testar o nivel do equipo, xa que se enfrontará a un dos conxuntos con mellor bagaxe como local. “Só perdeu un partido en casa, pero a estatística tamén di que o Compostela é un duro opoñente de visitante”, argumentou Yago. Do equipo de Redondela, o técnico destaca a continuidade, de corpo técnico e moitos xogadores, aos que se unen “incorporacións de nome como Couñago e unha afección moi arraigada ao club”, chaves que lle permiten loitar polos catro primeiros postos.

En canto ao campo de Santa Mariña, de céspede artificial, os santiagueses non lle dan demasiada importancia. “Xa tivemos saídas a campos de artificial e os resultados foron favorables. Ademais, non debería ser un problema este tipo de campo, porque está en boas condicións e ten unhas dimensións aceptables”, declarou o adestrador.

Por último, Yago Iglesias animou á afección para que viaxe co equipo, xa que alá onde vai, “faise notar”. Corpo técnico e xogadores queren brindarlle un triunfo antes das vacacións de Nadal, superando así un reto no final da primeira volta.

CONVOCATORIA

Lorenzo, Lucas; Sergio Pereira, Saro, David Uña, Álvaro Casas, Naveira; Mon Vives, Alberto Freire, Tomás, Álex Ares, Róber, Rubén; Sobrido, Santi e Primo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🏆 Javier Rabanillo foi elixido como o noso #JugadorCincoEstrellas da 1ª Volta 🩵🤍🧤 O noso porteiro, fundamental coas súas paradas na primeira parte da Liga, foi elixido pola afección cos seus votos en TwitterEste premio outorgámolo da man de Fútbol Mahou 🍻👏 Parabéns, Raba! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Onte acompañáronnos Xosé Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia; e Ana Méndez, xerente de Galicia Calidade, patrocinador do partido 🩵🤍♣️♠️ Ademais, Xosé Merelles fixo entrega do agasallo de Ourives de Compostela ao C.D. Numancia de Soria📸 Nacho Castaño#composnumancia ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 Derbi contra o líderx19 🆚 Pontevedra Club de Fútbol SAD 🏟️ Pasarón🗓️ Domingo 19/01🕔 17.00 horas🎟️ Entradas na Oficina do Compos (ata venres) ou no Despacho de Billetes de Pasarón (domingo) 📲 Online 👉 www.pontevedracf.com/es/news/venta-de-entradas-online#pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️ Sesión hoxe nas Cancelas para iniciar unha semana de derbi ⚽️ Cinco adestramentos no plan de traballo para preparar o encontro en Pasarón contra o Pontevedra Club de Fútbol SAD #pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.