A afección do Compostela xa pode gozar da edición especial de Mahou

27 de Decembro de 2017
Momento da presentación desta mañá. Foto: Mahou.
Momento da presentación desta mañá. Foto: Mahou.

 

  • As botellas, personalizadas coas cores do club, pódense pedir nos establecementos de hostalería de Santiago.

  • Con esta iniciativa, Mahou mostra o seu apoio ao fútbol e á afección compostelá.

Santiago, a 27 de decembro de 2017.

A primeira volta da competición de Liga concluíu co Compostela ocupando o primeiro posto da clasificación na Terceira galega. Neste parón do Nadal, Mahou envórcase coa afección compostelanista lanzando ao mercado unha edición especial e limitada de botellas personalizadas co escudo e as cores do equipo da capital de Galicia, do que é patrocinador.

Esta mañá, o xardín da “Horta  do Obradoiro” acolleu a presentación das mesmas ante os medios. No acto, estiveron presentes Rubén Vázquez, xestor de Mahou en Santiago, Javier Puñal, director de márketing do club, Mon Vives, capitán do equipo e Manu Castiñeiras, director deportivo da SD Compostela.

As botellas, nas que figura o lema “Compostelanízate!” e unha representación do escudo e o estadio, poderanse conseguir en distintos establecementos de hostalería da comarca de Santiago polo prezo habitual dunha Mahou Cinco Estrelas. Distribuiranse, en total, unhas 12.000 unidades, que estarán a disposición dos consumidores ata fin de existencias.

Mahou sempre estivo preto dos afeccionados ao fútbol e con esta iniciativa quere mostrar, ademais, o seu compromiso coa SD Compostela, club do que é patrocinador oficial.

Sobre  Mahou

Mahou é unha familia de cervexas nada na rúa  Amaniel de Madrid en 1890. É o resultado do traballo de pioneiros e mestres cervexeiros que, desde hai máis de 125 ans, buscan compartir sabores e novas experiencias.

Mahou desenvolve a cultura cervexeira baseándose en rigorosos procesos de calidade e nos mellores ingredientes para dar aos seus produtos un sabor inconfundible.

A experiencia, a paixón e a calidade converteron a  Mahou nunha gran familia de cervexas cun amplo  portafolio de marcas como Clásica, Cinco Estrelas, Sen, Mestra, Barrica,  Casimiro  Mahou, Sen Glute, Limón…

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 CORUXO F.C. 🏟️ O Vao🕔 17:00 horas🎟️ 15€ - Xeral | Gratis - Menores ata 14 anos📺 En Xogo 🙌 Todos xuntos, para saír adiante! 📸 Nacho Castaño#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🧐 Preparados para mañá!💪🏟️ Concentrados e mentalizados para sumar de 3⃣ no Vao 📸 Nacho Castaño#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Coruxo FC👉 Os nosos para o derbi de mañá no Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.