Un sábado con ton branquiazul

18 de Xaneiro de 2018
  • O primeiro equipo e seis conxuntos da canteira xogarán durante o día 20.

Santiago de Compostela, ao 17 de xaneiro de 2018.

Este sábado será un día moi importante para a SD Compostela. Ademais do partido do primeiro equipo, outros seis equipos das categorías inferiores xogarán os seus respectivos encontros das súas competicións ligueiras. A excepción do partido do Alevín A, o resto disputaranse pola tarde.

O Xuvenil de Liga Nacional, tras perder a semana pasada a súa gran xeira de resultados, quere volver á senda do triunfo para afianzarse na metade alta da táboa. Para iso terá que superar ao Arosa SC, na dura visita a Vilagarcía. O campo Manuel Jiménez acollerá a partir das 16.00 horas o duelo entre estes dous grandes equipos.

Buscando tamén reverter o resultado da xornada pasada, o Xuvenil B medirase ao EF Lalín no Municipal de As Cancelas. O sábado ás 16.00 horas os branquiazuis saltarán ao campo branquiazul para lograr tres novos puntos.

En canto ao equipo cadete, os santiagueses renderán visita o domingo ao Bertamiráns CF, sétimo clasificado. Os nosos tentarán reducir a diferenza de puntos que hai entre ambos gañando un partido que se disputará ás 12.45 horas no Municipal de Bertamiráns.

Os catros conxuntos triunfadores da fin de semana pasada, ambos infantís e ambos alevíns, queren outros dous dobretes e para iso terán que mostrar a súa mellor cara ante duros rivais.

O Infantil A xogará o domingo ás 10.15 horas no Municipal de Santa Isabel contra o Santiago, rival que o precede na táboa e que lle quita tan só tres puntos. O Infantil B, do mesmo xeito que o Cadete, xogará contra o Bertamiráns, no Municipal de Bertamiráns, aínda que neste caso o sábado ás 16.00 horas. Mediranse o quinto clasificado contra o terceiro.

Xa en alevíns, o A xogará a segunda xornada do playoff de descenso contra outro conxunto que tamén gañou o primeiro partido, o Atlético Fátima. O duelo producirase o sábado ás 12.00 horas no Municipal de As Cancelas. Pola súa banda, o Alevín B medirase ao Santiago, o sábado ás 14.00 horas no Municipal de Santa Isabel. Neste caso enfrontaranse o segundo contra o terceiro, separados ambos por tan só un punto.

Por último, o Benxamín quere sumar o seu primeiro triunfo no playoff de descenso e para iso xogará contra o CD Conxo, nun encontro que terá lugar o sábado ás 17.00 horas na Barrosa, Villestro.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOArosa SC 1️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ RoqueChegamos ao tempo de lecer con igualada tralo gol nos últimos minutos#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.