Outro campo sintético para a segunda saída do 2018

19 de Xaneiro de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/DBGv3R8MyRs” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • O Compos viaxa ao Municipal de Laracha cos 18 xogadores dispoñibles.

  • O Laracha cambiou de técnico a semana pasada.

Santiago de Compostela, a 19 de Xaneiro de 2018.

Segunda dura saída neste 2018 para a SD Compostela. Tras superar os seus dous primeiros encontros do ano novo, os branquiazuis viaxarán ao Municipal de Laracha para medirse a un complicado rival, o Laracha CF, nun terreo de xogo que volverá ser de herba artificial.

A pesar do que indica a clasificación, tal e como afirmou  Yago Iglesias en rolda de prensa, o conxunto da comarca de Bergantiños xa plantou moita cara na súa visita a San Lázaro e agora, con adestrador novo, Josito Fontes, serán aínda máis perigosos. “É un rival complicado, cuxa puntuación non reflicte o seu nivel. Ballesteros ou Angeriz, son xogadores con moitos minutos en Terceira e Segunda B e outros que veñen do Deportivo, como Iago  Novo, Chema ou Taibo, danlle xuventude e calidade ao equipo”, explicou o técnico santiagués.

Do novo adestrador, Yago apuntou que xa estivo en Barbadás, pero que esta semana tería tempo para incrementar a súa idea de xogo. “É un técnico que pon o Deportivo polo seu convenio, e que vén coa idea de darlle minutos a eses xogadores que están cedidos, polo que será un Laracha distinto ao das dúas últimas semanas”, comentou.

Ademais, o corpo técnico santiagués tamén terá moi en conta as condicións do Municipal de Laracha, “un campo sintético que nos vai a demandar poñernos o mono de traballo e estar moi atentos durante os 90 minutos”.

A todo isto sumaránselle as baixas de Álvaro Casas e Tomás, ambos sancionados, e a dúbida de Primo ata o último instante. Por iso, o adestrador e os seus axudantes decidiron viaxar cos 18 dispoñibles e decidir mañá quen será da partida.

Outra baixa para o Compos tamén será a do propio Yago, sancionado durante dúas xornadas. Este feito provocou que “durante a semana preparase máis a charla do partido e que falase todos os días con Rodri e Manu”. Con todo, o técnico argumenta que “estea quen estea, o importante é que o equipo renda ao mesmo nivel”.

Nun horario de novo adiantado, o Compos buscará mañá un novo triunfo que o achegue un pouco máis ao seu soño. Como comentou Yago, “ogallá se repita o resultado das xornadas anteriores”. En Laracha buscarán superar, con axuda de todos os afeccionados que se despracen, un novo reto que incrementaría a xeira de vitorias ata as sete.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Céltiga F.C ⚽️ Previa do noso adestrador antes do encontro de mañá ás 18:00 horas no Vero Boquete#composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Confirmada a nova data para o encontro aprazado! ⚽️ 𝐗𝟐𝟎🆚 Club Juventud Cambados🗓️ Sábado, 28 de febreiro🕔 17:00 horas🏟️ Burgáns#cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe completamos a semana de aniversarios co do noso picheleiro, Damián Noya 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐃𝐚𝐦𝐢𝐚𝐧!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo, a pola vitoria na nosa casa🤝 Partido patrocinado por Jessica Fabeiro ⚽️ 𝐗𝟐𝟏🆚 Céltiga F.C 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas online! 👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.