O Compos segue de doce no 2018

20 de Xaneiro de 2018
Momento do partido disputado no Municipal de Laracha.
Momento do partido disputado no Municipal de Laracha.
  • Un gol de Róber no primeiro tempo serviu aos branquiazuis para levar o tres puntos.

  • Sétima vitoria consecutiva e terceira no novo ano.

Santiago de Compostela, a 20 de xaneiro de 2018.

A SD Compostela segue demostrando o seu poderío no inicio de ano. Na dura visita ao Municipal de Laracha, os nosos sacaron o mono de traballo e levaron os tres puntos para sumar nove de nove no 2018 e unha marca de sete vitorias consecutivas no que vai de campionato.

Nun partido moi igualado, Róber de cabeza na primeira metade, a centro de Saro, foi o autor do tanto da vitoria santiaguesa nun campo no que se fixo sentir a forza da afección desprazada desde Santiago.

Saltou o Compos ao Municipal de Laracha coas ideas claras de que era un encontro para sacarse o mono de traballo. Así, con tres cambios no once respecto do domingo pasado, o equipo dirixido na tarde de hoxe por Rodri Veiga tivo claro que para xerar ocasións, primeiro había que evitar as do conxunto local.

Esta táctica comezou a dar os seus froitos cando chegaron os primeiros achegamentos pola área de Chema. Os branquiazuis comezaban a inquietar e froito do acoso chegaría o primeiro tanto. Un centro de Saro desde a dereita era rematado por Róber no segundo pau, adiantándose con intelixencia aos defensas e ao porteiro.

O tanto deu máis ás aínda aos nosos, quen non se foron con maior renda ao descanso debido á súa mala fortuna. Primeiro, Santi Gegunde non conseguía chegar a un gran centro de Sobrido e despois serían o traveseiro e Chema os que evitarían un novo gol.

Nun córner, nos últimos instantes da primeira metade, David Uña e Cardeñosa remataban contra o traveseiro da portería local e na seguinte xogada o gardameta sacou in extremis un remate de Sobrido de socato.

O resultado, a pesar dos merecementos, non se movería antes de irse aos vestiarios e na segunda parte o partido volveuse a igualar. Ambos conxuntos demostraron unha gran solidez defensiva nun campo de herba sintética.

O Laracha tentou apertar, sobre todo cos cambios, pero non foi capaz de romper a liña defensiva dun Compos que volveu deixar a portaría a cero por segunda semana consecutiva, para sumar o terceiro triunfo do novo ano e o sétimo de forma consecutiva.

Con 51 puntos, os branquiazuis encaran agora un tramo de competición no que se enfrontarán aos principais rivais polo playoff. Para empezar, este domingo ás 17 horas visitará o fortín de San Lázaro o Racing Villalbés. O apoio da nosa afección, como no día de hoxe, será vital para sacar os encontros adiante e achegarnos aínda máis ao noso soño.

FICHA TÉCNICA:

0- Laracha CF: Chema; Antonio, Angeriz, Juan (Víctor Eimil, m.20), Beto; Álex Sánchez (Iago Novo, m.58), David García (Alvarito, m.74); Kanoute, Adrián Castro, Ballesteros; e Taibo.

1- SD Compostela: Lucas; Saro, Cardeñosa, David Uña, Naveira; Samu, Mon; Sobrido (Ube, m.89), Álex Ares (Alberto, m.70), Róber; e Santi Gegunde (Diego Rey, m.79).

Goles: 0-1: Róber, min.23.

Árbitro: Pérez Padro, colexio lucense. Amoestou a David García e Angeriz, polos locais, e a Santi Gegunde, Róber e Ube, polos visitantes.

Incidencias: Partido da vixésimo segunda xornada de Liga de Terceira División disputado no campo Municipal de Laracha ante 300 espectadores. Gran afluencia de seguidores santiagueses.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOArosa SC 1️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ RoqueChegamos ao tempo de lecer con igualada tralo gol nos últimos minutos#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.