Catro encontros de local para as categorías inferiores

25 de Xaneiro de 2018
  • Os equipos alevíns descansarán esta xornada.

Santiago de Compostela, a 24 de Xaneiro de 2018.

As categorías inferiores da SD Compostela volven á acción esta fin de semana cunha xornada na que descansarán os dous equipos alevíns. En catro dos seis encontros que terán lugar durante a xornada do sábado e a mañá do domingo os conxuntos branquiazuis xogarán como conxunto local.

Buscando facer bo o empate cultivado en Vilagarcía, o Xuvenil Nacional quere sumar de tres no duelo que o medirá contra o CD Choco o sábado ás 16.00 horas no Municipal de As Cancelas. O encontro da primeira volta xa foi moi igualado, terminando con vitoria local por 3-2, polo que os santiagueses esperan vingarse agora.

Pola súa banda, o Xuvenil B desexa cambiar a dinámica de visitante e para iso medirase á SD Villestro, o sábado ás 16.00 horas no Municipal da Barrosa. O Compos quere neste partido ampliar a vantaxe de dez puntos que ten sobre o seu rival.

En categoría cadete, o equipo branquiazul enfrontarase ao EF Lalín o domingo ás 12.00 horas no Municipal de As Cancelas. Os nosos queren regresar á senda do triunfo tras o empate da xornada pasada.

Baixando a infantís, o A xogará o sábado ás 12.15 horas contra o EFM Boiro, segundo clasificado da liga, no campo de Valiño, en Cabo da Cruz. Mentres, o B saltará ao campo de As Cancelas o domingo ás 10.15 horas contra o EF Lalín.

Por último, o Benxamín quere sumar os seus primeiros puntos no playoff de descenso e con este obxectivo xogará contra o La Salle, o sábado ás 16.30 horas no Municipal de Santa Isabel.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

56 minutes ago

SD Compostela
🩵🤍 A pola segunda vitoria consecutiva!⚽️ 𝐗𝟐𝟐🆚 Club Silva SD 🗓️ Domingo, 22 de febreiro🕧 12:30 horas🏟️ Grela 1🎟️ Entrada libreEste domingo, anima aos nosos na Coruña! 🙌#silvacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos regresan esta tarde ao traballo🏟️ Comeza a semana para preparar a visita a Coruña#silvacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos estreou a marcadora de vitoria na segunda volta, consolidando o seu liderado, tras superar por 2⃣-1⃣ ao Céltiga F.C no Vero Boquete 👉 sdcompostela.com/gl/2026/02/15/compos-vitoria-segunda-volta/ 📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 2️⃣-1️⃣ Céltiga F.C ⚽️ Armental | ⚽️ ParaparE CHEGOU O AGARDADO TRIUNFO NA CASA, PRIMEIRO DA 2ª VOLTA 🩵🤍🩵🤍🩵🤍🩵🤍TRES PUNTOS MOI IMPORTANTES PARA CONSOLIDAR O LIDERADO 💪💪💪💪💪💪💪📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.