Novo triunfo contundente en San Lázaro

28 de Xaneiro de 2018
Momento do gol de Diego Rey nun encontro patrocinado por Percent Compostela. Foto: Amadeo Rey.
Momento do gol de Diego Rey nun encontro patrocinado por Percent Compostela. Foto: Amadeo Rey.
  • O Compos suma o seu oitavo triunfo consecutivo tras superar ao Racing Club Villalbés por 3-0.

  • Todos os tantos chegaron nunha gran segunda metade.

Santiago de Compostela, a 28 de Xaneiro de 2018.

Este Compos segue lanzado. Os branquiazuis superaron esta tarde ao Racing Club Villalbés por 3-0 e sumaron deste xeito o seu oitavo triunfo consecutivo, o cal lle axuda a manterse no alto da táboa con 54 puntos.

Tras unha primeira parte moi igualada, os nosos deron un paso adiante na segunda metade na que foron moi superiores e cando chegarían os tres tantos, obra de Álex Ares, Tomás e Diego Rey.

O Compos saltou hoxe a San Lázaro co seu once de gala e coas ideas claras, pero o gran nivel do rival evitou que os nosos puidesen producir o xogo doutras ocasións. Unha presión alta e as saídas á contra complicaban aos branquiazuis que tardaron en atopar a tecla.

Así, nunha primeira metade moi igualada, a máis clara da primeira media hora foi para o Racing Club Villalbés cunha vaselina de Jose Varela nunha contra que atallou de maneira soberbia Lucas. O meta tamén apareceu nun tiro de Villares noutro contragolpe xerado tras unha acción moi protestada pola bancada.

Con todo, a máis perigosa dos primeiros 45 minutos foi para os nosos nun lanzamento de Álex Ares, tras centro raso de Naveira, que rozou un defensa e foise lamendo a escuadra da portería de Marcos Souto. Nos últimos instantes, o Compos tamén tería outros achegamentos, apoiados pola forza do seu público, pero non conseguiu perforar a meta visitante.

Á volta dos vestiarios, o fútbol cambiou por completo. A tónica dos últimos minutos mantívose e o Compos comezou a dominar co balón. A través de longas posesións o tanto era cuestión de tempo e este chegou no minuto 55.

Os nosos roubaron o balón, Róber cedeu para Mon, este abriu banda para Álex Ares e o mediapunta, tras encarar cara a dentro, soltou un gran zambombazo que pegou nun defensa e que superou a Marcos Souto por encima.

O primeiro tanto espoleou aos nosos e dez minutos despois chegaría o segundo nunha contra de libro. Álex Ares buscou ao espazo a Primo, quen gañou o esférico aos dous centrais, abriuna para a chegada de Diego Rey, recentemente entrado ao partido, e este deu o pase para que Tomás, tras unha longa carreira, marcase a pracer.

O segundo gol foi a rúbrica ao dominio local tras a saída do descanso e, a pesar de perdoar nalgúns achegamentos, no minuto 83 anotaría o terceiro. O gladiador Primo gañaba o balón, outra vez, aos centrais, cedía desde a liña de fondo para Róber e este daba unha gran asistencia para a entrada do rexurdido Diego Rey, quen controlou e fusilou ao meta cun gran disparo ao segundo pau. Era a sentenza.

A pesar de que o Villalbés tivo unha boa ocasión nun man a man de Villares que sacou Lucas, o marcador xa non se movería e os tres puntos volveron quedar no fortín branquiazul nun novo encontro coa portería a cero.  

Con este resultado, o Compos iguala o goal average contra os chairegos e suma xa o seu oitavo triunfo consecutivo para acomodarse no alto da clasificación con 54 puntos achegándonos un pouquiño máis ao noso soño. A partir de mañá toca pensar na difícil visita contra o CD Boiro.

FICHA TÉCNICA:

3- SD Compostela: Lucas; Saro, Cardeñosa, Álvaro Casas, Naveira; Tomás (Rubén, m.87), Mon; Álex Ares (Ube, m.74), Santi (Diego Rey, m.62), Róber; y Primo.

0- Racing Club Villalbés: Marcos Souto; López, Xusto, Antonio, David Buyo (Álex Pérez, m.72); Javi Varela (Pablo Vivero, m.72), Make (Vérez, m.86); Jose Varela, Villares, Rubén Gómez; y Sergio.

Goles: 1-0: Álex Ares, min.55; 2-0: Tomás, min.64; 3-0: Diego Rey, min.83.

Árbitro: Rodríguez Campos, colexio coruñés. Amoestou a Naveira e Tomás, polos locais, e a Jose Varela e a Antonio, polos visitantes.

Incidencias: Partido da vixésimo terceira xornada de Liga de Terceira División disputado no Estadio de San Lázaro ante 850 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Arosa SC 🩵🤍 Os nosos para o gran encontro de mañá ás 17:00 horas na Lomba✅ Regresa Goris, tras superar a súa lesión, e entra Iván, da Canteira Picheleira 👉 Queda fóra Valín, por lesión#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Imaxes do último adestramento desta mañá💪 Preparados para a gran cita de mañá en VilagarcíaImos con todo!! 🩵🤍🩵🤍📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ O noso adestrador analiza o importante encontro de mañá na Lomba, no que os nosos buscarán recuperar o liderado#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🫂 XUNTOS!Este domingo, co voso apoio, imos a polo triunfo en Vilagarcía!Todos xuntos somos máis fortes! 🩵🤍#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
💫 O III Foro "Tecnoloxía e Deporte", organizado pola SD Compostela, leva ao Museo Das Peregrinacións, este próximo venres 17 de abril ás 19:00 horas, unha interesante xornada sobre envellecemento activo e exercicio físico Un evento, con acceso gratuíto ata completar aforo, no que contaremos coa participación de dous referentes ao máis alto nivel como son: 🎾 Joan Forcades, preparador físico de Rafael Nadal e Carlos Moyá 👟 Guillem Mascaró, preparador físico especializado en ultrafondo e trail running 👉 Esta nova cita xirará arredor do coñecemento e a innovación aplicada ao deporte, centrándose especialmente na relación entre exercicio físico, calidade de vida e avances tecnolóxicos Unha oportunidade única para coñecer unha visión de máximo nivel sobre rendemento e saúde, da man de dous referentes a nivel nacional nesta área Desta forma, seguimos abordando como a tecnoloxía está a revolucionar o campo do deporte e da saúde, da man de expertos de recoñecido prestixio Tralo éxito das pasadas edicións, nas que contamos con Enrique García Clavijo, Ezequiel Mosquera, Miguel Verdes, Miguel Ángel Leal e Lalo García, convidámoste a esta nova entrega do foro, na que contamos con patrocinio da Xunta de Galicia, do #Xacobeo2027, o Museo Das Peregrinacións e de Santiago e #PlexusSport🗓️ Venres, 17 de abril🕖 19:00h📌 Museo das Peregrinacións🎟️ Acceso gratuíto ata completar aforo🙌 Agardámoste! #tecnoloxía #deporte #innovación #envellecementoactivo #preparadorfisico #calidaddevida #tech #tenis #ultrafondo #Santiago ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.