Unha das saídas máis complicadas do campionato

2 de Febreiro de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/b-eM6KnY6zg” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • O Compos visita a un CD Boiro que se reforzou con cinco fichaxes neste mercado invernal.

  • Yago Iglesias destaca a importancia de estar moi concentrados durante todo o partido eno Municipal de Barraña.

Santiago de Compostela, ao 2 de febreiro de 2018.

Na semana na que se pechou o mercado invernal, o Compos medirase ao conxunto da Terceira División que máis cambios realizou. Cinco fichaxes nestes días converten ao CD Boiro nun rival aínda máis complicado respecto da primeira volta, na que conseguiron superar aos nosos por 0-3 en San Lázaro.

Esta vez, no Municipal de Barraña, os branquiazuis queren tentar reverter ese resultado, seguindo coa boa dinámica que teñen ata a data e que lles permitiu liderar a clasificación.

“Imos seguir o guión, traballando sempre en base á nosa maneira de xogar, para que o equipo saiba o que ten que facer, que estean cómodos, que se xeren sinerxias no campo e que todos saiban as características do xogador que está ao seu lado”, analizou un Yago Iglesias que regresará ao banco tras dous partidos de sanción.

O corpo técnico e os xogadores saben que se enfrontan a un rival con “un potencial enorme, con xogadores contrastados en categoría superior e que calquera che diría que home por home son os mellores da categoría”. Estas circunstancias obrigarán aos branquiazuis para “estar moi concentrados durante os 95 minutos, ao 200%”, apuntou o técnico, aínda que remarcou que “para estar onde queremos, hai que ir a todos os campos e por iso temos moita ilusión de que chegue o encontro, denominado desde fóra como o partidazo da xornada”.

A pesar das turbulencias que semella sufrir o CD Boiro, Yago non se fía xa que “os xogadores son orgullosos e nestes partidos todos queren destacar e sobresaír para demostrar a súa valía ante o seu público”. Entre eses futbolistas non poderá estar o sancionado Igor, pero quizais si os novos, sendo isto unha incógnita. “Non sabemos que once van sacar, se os cinco fichaxes van ser da partida ou se non”, explicou o adestrador, pero si que comentou que “os xogadores que están desde o inicio adaptáronse a unha maneira de xogar e, a pesar dos cambios, seguirán na mesma liña, cun fútbol combinativo, con xente por dentro de moita calidade como Pillado ou Remeserio, pero verticais, buscando a xente rápida de arriba como Miki, Cano ou Herbert”.

Contra os xogadores que se teñan que medir, o Compos sairá ao Municipal de Barraña a por todas. Saben que a fazaña é complicada, pero coa calor do público que se achegue desde Santiago tentarán superar un novo reto, nunha das saídas máis complicadas do campionato, e achegarse así, un pouco máis, ao noso soño.

CONVOCATORIA

Lorenzo, Lucas; Saro, Cardeñosa, David Uña, Álvaro Casas, Naveira; Mon, Samu, Tomás, Álex Ares, Diego Rey, Róber; Sobrido, Santi e Primo.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

23 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.