Duelo estelar no fortín de San Lázaro

16 de Febreiro de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/eP3S4351gPk” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • Separados por seis puntos, o domingo ás 17.00 horas enfrontaranse o primeiro contra o segundo.

  • Yago Iglesias confía nos seus xogadores para superar este gran reto.

Santiago de Compostela, a 16 de Febreiro de 2018.

San Lázaro volverá ruxir este domingo como nos seus mellores tempos. Os afeccionados branquiazuis vivirán de novo un duelo ao grande, unha loita de titáns. Gozará do partidazo da xornada, o encontro que medirá ao primeiro clasificado, a SD Compostela, contra o segundo, o Bergantiños CF, ambos separados por tan só seis puntos na táboa.

Tras unha primeira volta na que o Compos asaltou o campo de As Eiroas, os nosos tentarán repetir unha fazaña similar, de modo que ampliarían a súa vantaxe co seu inmediato perseguidor e certificarían un novo récord histórico de vitorias consecutivas.

“Esta fin de semana ten un acicate especial, co partido da xornada, o primeiro contra o segundo e aínda por encima en San Lázaro. Aposto sempre polo meu equipo para levar a vitoria, sen dúbida”, sentenciou Yago Iglesias en rolda de prensa.

O técnico branquiazul resaltou que “sairemos a gañar, como sempre, como o levamos demostrando nestas dez últimas xornadas”. Ademais, teñen claro que o Compos é un equipo que non especula, xa que “temos claro o que queremos, non esperamos a ver o que fai o rival e a partir de aí levamos a nosa idea de xogo”. Iso si, o adestrador explicou que debido á entidade do rival do domingo, non modificarán nada, pero si que “teremos en conta algúns aspectos nosos e deles para expor o partido”.

Sabe Yago que o Bergantiños CF é un conxunto “cun enorme potencial futbolístico, cuxo obxectivo desde o comezo era quedar si ou si no primeiro posto”, citou. Por tanto, a pesar de comentar que poñerse con vantaxe no marcador sería de gran axuda, esta circunstancia non sería definitiva “porque os dous equipos mantemos un nivel de activación alto durante os 90 minutos”. O técnico espera “un encontro longo, de ida e volta, con dous conxuntos que teñen as ideas claras de como conseguir os puntos”.

Ante calquera resultado, os branquiazuis teñen unha mentalidade cortoplacista, polo que, “aínda que a clasificación dános unha lixeira vantaxe, non pensaremos máis aló. É un partido moi importante, porque dariamos un gran paso de gañar, pero non decisivo”, remarcou Yago.

Por último, o adestrador marcou a posición, a pouca diferenza e os nomes dos xogadores, como alicientes para que o público veña ao partido. “Deixarémolo todo para que a xente que veña a San Lázaro, que espero que sexa moita, goce dun gran duelo e que se vaia contenta co que fai o equipo”, argumentou. Suando ata o último segundo, os nosos esperan superar este gran reto. Co apoio do xogador número 12, tentarán alcanzar unha nova vitoria.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

21 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron esta tarde a semana de traballo para a volta da finalísima👉 Xornada para recuperar folgos e comezar a preparar o encontro no Municipal de Badalona💪 Queda un encontro e imos a por todas para acadar o obxectivo#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 90 minutos por diante para acadar o obxectivo🫂 Este domingo, co voso apoio, desde Badalona, Compostela ou desde as vosas casas, a polo ascenso🆚 CF Badalona ⚽️ 𝐕𝐨𝐥𝐭𝐚 𝐅𝐢𝐧𝐚𝐥🗓 21/06🕧 12:30 horas🏟️ Municipal de Badalona#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos da un importante paso na finalísima, coa axuda de todos, tras gañar 3⃣-0⃣ na casa 💪 Valeron os goles de Valín, Antón Guisande e Charly🔜 Quedan 90 minutos en Badalona para defender a renda 👉 sdcompostela.com/gl/2026/06/14/compos-3-0-badalona-finalisima/📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Vecho⚽️ O segundo adestrador, hoxe no banco pola sanción a Secho, analizou na sala de prensa o bo resultado, 3⃣-0⃣, na ida desta final nacional polo ascenso#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 3️⃣-0️⃣ CF Badalona⚽️ Valín, Antón Guisande e CharlyQUEDAN 90 MINUTOS!!! 🩵🤍SEGUIMOS PASO A PASO A POLO OBXECTIVO 💪💪GRAZAS A TODOS, UNHA VEZ MÁIS, POR ESTE AMBIENTAZO!!! SEGUIMOS TODOS XUNTOS!!! 🫂📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.