O Bergantiños saca os tres puntos de San Lázaro

18 de Febreiro de 2018
Momento do remate de Primo que case acaba en gol, nun partido patrocinado por Sisrecon. Foto: Amadeo Rey.
Momento do remate de Primo que case acaba en gol, nun partido patrocinado por Sisrecon. Foto: Amadeo Rey.
  • Os visitantes levan o triunfo cun tanto de Iago López.

  • O Compos segue líder con tres puntos de vantaxe co seu rival de hoxe.

Santiago de Compostela, a 18 de febreiro de 2018.

Non puido ser. O Bergantiños rompeu a xeira triunfal da SD Compostela despois de superar aos santiagueses por 0-1 en San Lázaro. Os visitantes aproveitaron o seu único tanto para sacar o tres puntos e achegarse ao seu rival na táboa, quen na primeira parte púidose adiantar no marcador.

Un tanto do central Iago López no segundo tempo, tras o centro de Aarón, permitiu ao equipo de Carballo gañar no fortín branquiazul. Unha derrota que lle chega tras case unha volta completa sen caer derrotado.

O partido comezou como se esperaba, con dous conxuntos que querían atacar coa pelota e que xeraban as súas oportunidades a partir de superioridades en banda. Así, desde os primeiros instantes, a banda de Saro no Compos foi un puñal para os nosos. Nas botas do lateral estiveron os primeiros centros desde liña de fondo que non conseguiron rematar con atino os dianteiros branquiazuis.

Os visitantes non se amilanaron e responderon con dúas claras contras que primeiro Rodri enviou arriba, tras un intento de vaselina, e un centro de Jorge Sáez que despexou na liña Álvaro Casas, evitando que rematase a pracer Rubén Rivera.

Con todo, reaccionaron rápido os nosos e nun centro de Róber, Primo rematou de cabeza a portaría, pero o balón golpeou nun rival e foise a córner. Desde o propio saque de esquina, dez minutos máis tarde, Cardeñosa fixo voar a Cristopher primeiro, cunha espectacular palomita, e xerou unha nova ocasión noutro cabezazo que sacou in extremis a defensa.

Non entraron estas claras ocasións e o partido temporizouse nos últimos compases da primeira metade. Con dous equipos que non querían perder a igualada. Á saída dos vestiarios, foron os visitantes quen comezaron máis incisivos.

Así, aos catro minutos, Rubén Rivera marraba no man a man con Lucas e seis máis tarde Jorge Sáez atopaba a Lucas nun remate potente coa zurda.

Con todo, foi no primeiro achegamento do Compos do segundo tempo, nun centro raso de Róber que non atopou rematador, cando se adiantaron os visitantes. A contra formada desa acción acabou en córner, un saque de esquina que despexaría a defensa local, pero na segunda xogada, centrou Aarón para a entrada de Iago López que remataría de cabeza o fondo da rede.

O tanto animou aos nosos, aínda que o Bergan tería dúas oportunidades nun centro envelenado que despexou Lucas a córner e nun gol anulado a Rivera por fóra de xogo.

Non ampliaron a vantaxe e o Compos apertaría ao final en busca do gol, un tanto que chegaría no minuto 89, pero o árbitro pitou falta en ataque de Sobrido no centro de Saro. Por tanto, o marcador non se movería e o Bergantiños acabaría levando o triunfo.

Cos tres puntos conseguidos, o Bergantiños achégase a tres do líder e iguala á súa vez o goal average. Con todo, o Compos vaise de San Lázaro sen carga pero cunha gran imaxe, loitando ata o final, sendo este o camiño para alcanzar o noso soño. Para a próxima semana tocará levantar a cabeza e tentar gañar contra o Areas.

FICHA TÉCNICA:

0- SD Compostela: Lucas; Saro, Cardeñosa, Álvaro Casas, Naveira; Tomás, Mon; Álex Ares, Santi (Diego Rey, m.56), Róber (Sobrido, m.79); e Primo.

1- Bergantiños CF: Cristopher; Borja Facal, Josito (Roberto Prieto, m.77), Iago López, Aarón; Antas, Baleato; Rodri (Nacho, m.82), Jorge Sáez, Iago Branco (Toni, m.38); e Rivera.

Goles: 0-1: Iago López, min.69.

Árbitro: Estremadura Hernández, colexio vigués. Amoestou a Naveira, polos locais, e a Borja Facal e Toni, polos visitantes.

Incidencias: Partido da vixésimo sexta xornada de Liga da Terceira División disputado no Estadio Municipal de San Lázaro ante 1300 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
⚽️ 𝐗𝐨𝐫𝐧𝐚𝐝𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐩𝐨𝐫𝐭𝐚𝐬 𝐚𝐛𝐞𝐫𝐭𝐚𝐬 na 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚!!!🙌 Ven probar á SD Compostela ou ao Conxo Santiago neste mes de xuño e desfruta da experiencia da nosa canteira!!!⚽️ Adestramentos gratuítos para tod@s!!! Infórmate!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💙 Queremos felicitar ao noso 🧙‍♂️ de Monterroso, 𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐀𝐧𝐭𝐚𝐬, que esta semana foi pai dunha nena!!! 👶🫶 Parabéns, familia!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️𝐌𝐚𝐧𝐞𝐥 𝐌𝐞𝐧é𝐧𝐝𝐞𝐳, novo adestrador da SD Compostela!!!💪 O técnico, coñecedor da categoría e con gran experiencia no fútbol profesional, chega ao Compos tras tres grandes campañas no Marino!!! ✍️ bit.ly/FichaxeManelCompos 💙 Benvido a Compostela, Manel!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🤝 Este semana visitamos aos nosos amigos de Clínica & akt para facerlle un agasallo polo bo trato e o coidado dos nosos xogadores!🙌 Por exemplo, o seu tratamento coa tecnoloxía Indiba Activ foi fundamental para acelerar a recuperación de Pato!🦶 Ademais, os seus estudos biomecánicos da pisada permiten aos nosos coidar a súa saúde!💙 Moitas grazas por seguir un ano máis ao noso carón!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.