Tres vitorias e tres empates nunha xornada completa

20 de Febreiro de 2018
  • Gran regreso dos alevíns e o infantil B.

Santiago de Compostela, a 20 de Febreiro de 2018.

Nunha xornada na que todos os equipos, excepto o benxamín, volveron á acción, as sensacións deixadas polos equipos branquiazuis, en xeral, foron boas. A fin de semana pechouse con tres vitorias, outros tres empates e dúas derrotas.

En primeiro lugar, o filial santiagués logrou un empate na súa visita ao Rodeiro. Os locais puxéronse moi pronto por diante, minuto 4, pero os branquiazuis igualaron ao principio da segunda parte grazas ao tanto de Álvaro Moure.

O xuvenil de Liga Nacional saíu da súa dinámica de empates, pero o resultado non foi o esperado, xa que caeu en casa por 1-4 contra o Deportivo. O filial coruñés foi superior aos nosos e deixaron patente a súa superioridade desde o comezo. Alejandro Pérez maquillou o resultado para os nosos no segundo tempo.

Pola súa banda, o xuvenil B sacou un meritorio punto no partido contra o Xuventú Aguiño, contra o que igualaron a dous goles. Raúl García e Schadrac Lonji puxeron aos nosos por diante en dúas ocasións, pero os locais acabarían empatando no desconto. Con todo, é un punto moi importante para manterse na zona media.

Rompeu a súa mala serie o cadete, quen superou por 3-1 ao Bastavales. Os visitantes adiantáronse pronto, pero os nosos, tirando de caste, remontaron no segundo tempo. Hugo Martínez, Etienne Lorenzo e Mario Galo selaron a gran vitoria conseguida.

En categoría infantil, o A non tivo fortuna e caeu por 5-2 na súa visita ao Dubra, mentres que o B rascou un empate nos últimos instantes na súa visita ao Escola Estrada.

En alevíns volveron certificar un dobrete. O A segue no alto da clasificación do playoff tras superar por 2-1 ao Compañía de María. Mentres, o B conseguiu o mesmo resultado tras remontar ao Burgo das Nacións e segue terceiro en liga.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🗓️ Novo sábado de Compos!Listos para volver sumar o triunfo 🩵🤍Iremos con todo a Llanera! 💪📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 8🩵🤍 O técnico compostelanista falou das circunstancias especiais deste choque, do momento de confianza do equipo e das claves para poder sumar outro triunfo#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso 🧙‍♂️ 𝐀𝐥𝐞𝐱 𝐆𝐢𝐥Moitos parabéns, Álex!!Que veña acompañado de moitos éxitos e que o celebremos xuntos este sábado sobre o céspede 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🌟🪄 Que maneira de estrearse!Dani González marcou os primeiros goles coa camiseta compostelanista en partido oficial 🩵🤍⚽️ Un dobrete (+1⃣ asistencia) fundamental para conseguir os tres puntos na casa📸 Nacho Castaño #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.