Fin de semana de regreso

16 de Febreiro de 2018

Santiago de Compostela,ao 16 de febreiro de 2018.

A nova fin de semana tráenos outra xornada máis das categorías inferiores da SD Compostela, unha cita na que volverán competir os conxuntos de menor idade, tras a parada que houbo no entroido. Pola súa banda, xuvenís, cadetes e infantil A tentarán mellorar os resultados da xornada pasada.

Para comezar, o xuvenil de Liga Nacional quere saír da súa serie de empates e sumar de tres, aínda que a papeleta sexa complicada. Recibirá este domingo ás 12.15 horas no Municipal de Cancelas ao Deportivo B, un dos favoritos ao título.

Pola súa banda, o Xuvenil B visitará o difícil campo da Tasca, o sábado ás 16.30 horas, para medirse ao Xuventú Aguiño. A pesar de que os locais están por encima na táboa, os branquiazuis esperan dar a sorpresa.

O Cadete, nunha mala dinámica, desexa romper con ela e por iso sairán o domingo a por todas para enfrontarse ao UD Bastavales. O encontro xogarase ás 10.00 horas no Municipal de Cancelas.

En infantís, o A viaxará ao campo da Tilleira para loitar polos tres puntos contra o Dubra, o domingo ás 12.15 horas. Mentres, o B regresa cun duro enfrontamento contra o Escola Estrada, o sábado ás 12.30 horas no Municipal Manuel Regueiro.

En categoría alevín, o A quere manterse no alto do playoff e para iso buscará superar ao CD Compañía de María o sábado ás 10.00 horas no Municipal de Cancelas. Dúas horas máis tarde saltará ao campo o B para xogar contra o AD Burgo das Nacións.

Por último, o Benxamín tamén descansará esta xornada, xa que así o deparou o seu calendario.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Xa dispoñible á venta a nova camiseta do Compos!!🙌 Na #compostenda ou na web de Fútbol Emotion 📲 www.futbolemotion.com/es/categoria/colectivos/equipaciones-s.d.-compostela🎟️ RECORDA que se eres abonado, tes un 10% de desconto!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 Remata a primeira proba da pretempadaCOMPOS 0️⃣-4️⃣ RC Deportivo👏 Moi boa imaxe dos nosos na casa na estrea de Carlos de LermaPrimeiros minutos para as novas fichaxes e moita presenza da @cantpicheleira📸 Ignacio Castaño Gómez#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 0️⃣-1️⃣ Real Club Deportivo de La Coruña 👉 Chegamos ao tempo de lecer no Vero Boquete! Moi boa imaxe dos nosos nestes primeiros 45 minutos!#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
👏👏👏 Unha lenda, a nosa lendaGRAZAS, @samurodriguez14Sempre serás unha parte deste escudo ©️🩵🤍#composdépor ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
👏👏👏 Unha lenda, a nosa lendaGRAZAS, SamuSempre serás unha parte deste escudo ©️🩵🤍#composdépor ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.