Fin de semana de regreso

16 de Febreiro de 2018

Santiago de Compostela,ao 16 de febreiro de 2018.

A nova fin de semana tráenos outra xornada máis das categorías inferiores da SD Compostela, unha cita na que volverán competir os conxuntos de menor idade, tras a parada que houbo no entroido. Pola súa banda, xuvenís, cadetes e infantil A tentarán mellorar os resultados da xornada pasada.

Para comezar, o xuvenil de Liga Nacional quere saír da súa serie de empates e sumar de tres, aínda que a papeleta sexa complicada. Recibirá este domingo ás 12.15 horas no Municipal de Cancelas ao Deportivo B, un dos favoritos ao título.

Pola súa banda, o Xuvenil B visitará o difícil campo da Tasca, o sábado ás 16.30 horas, para medirse ao Xuventú Aguiño. A pesar de que os locais están por encima na táboa, os branquiazuis esperan dar a sorpresa.

O Cadete, nunha mala dinámica, desexa romper con ela e por iso sairán o domingo a por todas para enfrontarse ao UD Bastavales. O encontro xogarase ás 10.00 horas no Municipal de Cancelas.

En infantís, o A viaxará ao campo da Tilleira para loitar polos tres puntos contra o Dubra, o domingo ás 12.15 horas. Mentres, o B regresa cun duro enfrontamento contra o Escola Estrada, o sábado ás 12.30 horas no Municipal Manuel Regueiro.

En categoría alevín, o A quere manterse no alto do playoff e para iso buscará superar ao CD Compañía de María o sábado ás 10.00 horas no Municipal de Cancelas. Dúas horas máis tarde saltará ao campo o B para xogar contra o AD Burgo das Nacións.

Por último, o Benxamín tamén descansará esta xornada, xa que así o deparou o seu calendario.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 2🩵🤍 O adestrador do Compos analizou como está o plantel, as claves do partido contra o Portugalete e o estilo que quere imprimirlle ao equipo #portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🎟️📺 ENTRADAS e TV🏟️ Este domingo, ás 11:30 horas, visitamos o Campo La Florida para medirnos ao Club Portugalete Fundado 1909 🎟️ 16€ Adultos | 8€ 15-24 Anos | 2€ 6-14 AnosO partido tamén se pode seguir pola Plataforma de pago FootballClub 👉 www.footballclub.pro/partidos#portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔜🎯 #portucompos🙌🧐 Centrados en conseguir os primeiros puntos da tempada ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️ A eliminatoria de #CopaFederación deixounos o debut oficial de Turby co primeiro equipo e a reestrea de Iago e Roque, co Compos👉 Ademais, Pablo Crespo regresou ao verde tras superar a súa lesión✍️ sdcompostela.com/gl/2026/09/10/compos-eliminado-copa-federacion/📸 Nacho Castaño#composderio ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #composderioAnálise do adestrador do Compos traer caer eliminados da #CopaFederación nos penaltis ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.