Visita a un duro rival

23 de Febreiro de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/hSwlgAJKXDo” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • O Compos quere recuperar sensacións tras a derrota da semana anterior.
  • O partido da primeira volta terminou con vitoria branquiazul por 4-2.

Santiago de Compostela, ao 23 de febreiro de 2018.

Trala derrota contra o Bergantiños, o Compos ten ganas de volver á competición. Toca volver dar a cara para comezar unha nova xeira de resultados igual, ou mesmo mellor, que a anterior. Os nosos queren seguir no máis alto e para iso buscarán superar este domingo, a partir das 17.30 horas, ao Cultural Areas

A pesar da posición que ocupa, un posto por encima do descenso, o conxunto de Ponteareas xa puxo as cousas moi complicadas na súa visita a San Lázaro. O encontro terminou con vitoria santiaguesa por 4-2, aínda que os visitantes estiveron a tan só un tanto durante boa parte do partido. Ademais, conforme se achegan as últimas xornadas, os rivais que pelexan polo descenso convértense en máis perigosos.

“A pesar da posición é un rival que pode facer dano, como demostrou na primeira volta. Estes partidos, con equipos que pelexan por non descender, son os máis complicados.”, comentou Yago Iglesias en rolda de prensa, e matizou: “Hai un abano grande de equipos loitando polo playoff, xunto aos que pelexan por non descender, polo que a cantidade de puntos que se logren neste tramo será inferior ao da primeira, xa que calquera partido pode ser complicado, tanto para nós como para os nosos perseguidores”.

Do rival deste domingo, o técnico explica que é unha incógnita, máis que polo novo adestrador, Yago Yao, polos novos xogadores fichados. “Teñen moitos xogadores doutros países, que veñen darse a coñecer, por iso é polo que non saibamos o perfil de xogador que teñen”, analizou. Con todo, o corpo técnico se que coñece o que propón o Areas, sobre todo no Campo da Lomba, o cal non está nas mellores condicións, dixo Yago.

En canto ao  Compos, sen perder de vista o obxectivo de principio de ano, que era acabar entre os catro primeiros, saben que “é unha responsabilidade verse aí arriba e por iso queren acabar primeiros, porque da un plus para a fase de ascenso”. Así, ansían a que chegue esta nova cita para “volver á senda da vitoria, é o que nos expomos esta semana”, proclamou o adestrador.

Non será unha batalla sinxela, pero co apoio de todos as afeccións que viaxen a Areas, esperan lograr un novo triunfo, superar un novo reto que nos achegue ao noso soño e que nos permita seguir no máis alto.

CONVOCATORIA

Lucas, Lorenzo; Sergio, Cardeñosa, David Uña, Álvaro Casas, Naveira; Mon, Tomás, Ube, Álex Ares, Diego Rey, Rubén, Róber; Santi e Primo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

14 hours ago

SD Compostela
⏰ HORARIO confirmado para a seguinte xornada 🩵🤍x23 🆚 UM Escobedo 🏟️ Estadio Eusebio Arce🗓️ Domingo, 16 de febreiro🕛 12.00 horas#escobedocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️ O partido contra o Club Marino de Luanco será benéfico a favor do Banco de Alimentos de Santiago (BALRIAL Santiago)🎟️ Todas as persoas que entreguen produtos non perecedoiros no acceso ao Estadio accederán de balde🙌 Animamos tamén aos abonados a participar nesta iniciativa#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
👨‍⚕️ 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌𝐄́𝐃𝐈𝐂𝐎⚽️ Diego GonzálezTras Resonancia Magnética, os servizos médicos do club detectaron unha nova rotura no meniscal que require tratamento cirúrxicoO xogador será intervido na maior brevidade posible💪 Moito ánimo, Diego! Volverás máis forte!📸 Nacho Castaño 👨‍⚕️ Dr Adrián Gallego Goyanes - Traumatología Deportiva y Cirugía Ortopédica ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario a nosa última fichaxe, 𝐂𝐚𝐫𝐥𝐨𝐬 𝐏𝐞́𝐫𝐞𝐳 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Carlos!⚽️ Benvido a Compostela e que o celebremos con moitos éxitos xuntos#benvidocarlospérez🩵🤍 𝐅𝐈𝐂𝐇𝐀𝐗𝐄💪 Carlos Pérez, novo xogador da SD Compostela!⚽️ O mediapunta chega libre e firma ata final de tempada𝐂𝐚𝐫𝐥𝐨𝐬 𝐏𝐞́𝐫𝐞𝐳 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/2025/02/04/carlos-perez-refuerzo-calidad-compos/#BenvidoCarlosPérez ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.