Triunfo de nivel para recuperar a confianza

4 de Marzo de 2018
Tomás conduce o balón no encontro desta mañá, patrocinado por Celso Míguez. Foto: Amadeo Rey.
Tomás conduce o balón no encontro desta mañá, patrocinado por Celso Míguez. Foto: Amadeo Rey.
  • O Compos volveu gañar tras un magnífico encontro contra a UD Somozas.

  • Primo, por dúas veces, e Álex Ares foron os goleadores.

Santiago de Compostela, ao 4 de marzo de 2018.

As matinais do domingo séntalle ben a este Compos. Os branquiazuis volveron á senda do triunfo grazas a un magnífico partido contra a UD Somozas, no que dominaron desde o inicio e acabaron gañando por 3-0.

En rápidas  contras, Primo marcou os dous primeiros da mañá, un na primeira parte e outro na segunda, mentres que Álex Ares certificou a vantaxe branquiazul nunha falta moi ben lanzada.

O  Compos regresou a San Lázaro coa firme intención de regresar á senda do triunfo. Sabían que enfronte tiñan a un duro rival, pero saíron a apertar desde o primeiro minuto. A pesar de que tiñan a posesión, as oportunidades chegaban, principalmente, en rápidas saídas á contra, aproveitando a velocidade dos homes de ataque.

Así, nun pase ás costas da defensa de Álex Ares, Primo tería a máis clara. Controloría co peito antes que o porteiro, pero fóiselle longo e o balón saíu por liña de fondo.

Porén, nunha xogada case  calcada, no minuto 20, si que conseguiría adiantar aos nosos o dianteiro cántabro. Balón ao espazo, Primo chegou antes que o porteiro, regateouno e marcou a portería baleira, unha gran resolución de killer.

Responderían rápido os visitantes, na única ocasión de perigo súa da primeira parte. Lanzou a falta Gonzalo á cabeza de Óscar, o punta deixouna de fronte e Diego Uzal pegoulle de primeiras, pero o seu golpeou foise por encima do traveseiro.

Antes de chegar ao intermedio, os nosos puideron ampliar a vantaxe, pero Santi non foi capaz de superar a Javi Seral no man a man. O lucense saíu trastabillado dun agarrón de Uzal e tívolle que pegar coa súa perna dereita.

Á volta dos vestiarios, co apoio dun público enfurecido pola actuación arbitral, a tónica mantívose e o segundo tanto acabaría chegando nunha nova xogada de velocidade á contra.

Despois de roubar o balón a Monroy, o Compos buscou as costas do lateral, onde apareceu como un raio Sobrido. O extremo gañou o balón grazas á súa velocidade, encarou ao porteiro e deixou o pase da morte para que Primo marcase a portería baleira o seu segundo tanto da mañá.

O segundo gol deu aínda máis ás á parroquia local, que celebraría un novo tanto dez minutos máis tarde. Álex Ares foi o encargado de transformar esta terceira diana grazas a un gran lanzamento de falta que fixo un estraño no aire, sorprendendo ao porteiro visitante.

Puido ampliar aínda máis a vantaxe, pero apareceu Javi Seral para evitalo. Primeiro sacou unha gran man ante a chegada de Samu e despois despexou o intento de vaselina de Diego Rey.

Non entrarían estas dúas últimas ocasións e pecharíase o encontro co 3-0 final, o cal permite aos nosos recuperar a boa dinámica, tras dous tropezos. Os tres puntos e o gran partido realizado enchen de ilusión a unha afección que viaxará en masa para apoiarnos na dura visita ao CD Barco da semana próxima. De momento, a SD Compostela descansa xa no alto da clasificación con 63 puntos.

FICHA TÉCNICA:

3- SD Compostela: Lucas; Saro, Cardeñosa, Álvaro Casas, Naveira; Tomás (Ube, m.77), Mon; Sobrido, Santi, Álex Ares (Samu, m.77); e Primo (Diego Rey, m.68).

0- UD Somozas: Javi Seral; Pacheco, Salva Rivas, Pablo Pérez, Álex; Álex Rey (Gerardo, m.46) , Gonzalo, Diego Uzal (Juan, m. 61); Monroy, Óscar (Jacobo m.61) e Quique Cubas.

Goles: 1-0: Primo, min.20; 2-0: Primo, min.55; 3-0: Álex Ares, min. 64.

Árbitro: Davila Fernández, colexio vigués. Amonestou a Naveira, Tomás, Saro, e Cardeñosa, polos locais; e a Salva Rivas, Jacobo Millán, Juan e Quique Cubas, polos visitantes.

Incidencias: Partido da vixésimo oitava xornada de liga da Terceira División disputado no Estadio de San Lázaro ante 720 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Diego Uzal, novo xogador da SD Compostela🤝 O mediocentro coruñés chega desde Segunda RFEF e firma por unha tempada𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨 𝐔𝐳𝐚𝐥 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/17/diego-uzal-sd-compostela-fichaxe/#benvidouzal ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐛𝐚𝐢𝐱𝐚𝐬Rabanillo e Diego non continuarán na SD Compostela a próxima tempadaGrazas polo vosa dedicación e traballo e sorte para o futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Pablo Antas e a SD Compostela separan os seus camiños⚽️ O mediocentro déixanos un legado de seis tempadas e 152 encontros, cun gol, en Balaídos, que será sempre recordadoMoitísimas grazas por todo, mago!O Compos sempre será a túa casa! 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/16/pablo-antas-compos-152-grazas/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 days ago

SD Compostela
Álvaro Casas e a SD Compostela separan os seus camiñosDespedimos a unha lenda do club tras 8 tempadas e 262 partidos! ⚽️Moitísimas grazas por todo, capitán! ©️ O Compos sempre será a túa casa! 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/11/alvaro-casas-compos-262-grazas/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 weeks ago

SD Compostela
➕1⃣📣 Pablo Crespo seguirá un ano máis liderando a defensa da SD Compostela🤝 O central renova por unha tempada, con opción a outra máis, co obxectivo de acadar o ascenso𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐂𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/06/pablo-crespo-renovacion-compos/#pablocrespo2026 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.