Visita á caldeira de Calabagueiros

10 de Marzo de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/mskXQpX2p78″ video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • O Compos xogará contra un equipo que gañou en San Lázaro.

  • O equipo confía en conseguir os tres puntos para seguir no máis alto.

Santiago de Compostela, ao 10 de marzo de 2018.

Unha vez recuperada o sorriso contra o Somozas, o Compos ten claro o seu próximo reto. Este domingo, a partir das 17.15 horas en Calabagueiros, enfróntanse a un dos mellores equipos da categoría e ante unha das grandes afeccións do grupo. Será un encontro de superior nivel, nun campo que se espera que estea abarrotado.

Os branquiazuis viaxan coa intención de seguir sumando de tres para manter a súa posición no máis alto da clasificación, aínda que saben que a tarefa non será nada sinxela, máis aínda polas alturas do campionato nas que estamos.

“O equipo está en alerta continua porque calquera rival ou escenario pódecho complicar moito. Faltan dez xornadas para acabar e esta é a parte do campionato na que se xoga todo”, comentou Yago Iglesias en rolda de prensa.

O técnico advertiu que se miden a “un rival duro, que está connosco na zona alta e que seguro que nos complica a vida, porque é un campo difícil e un equipo cun potencial enorme, algo que xa demostrou na primeira volta cando gañou en San Lázaro”.

Nese encontro, ao que Yago comparou co de Bergantiños, o corpo técnico cre que o máis xusto fose un empate, pero que o gol dos visitantes no engadido do primeiro tempo desnivelou a balanza. “Esta circunstancia fainos ver que os pequenos detalles marcan este tipo de partidos, polo que a idea pasa por ser un equipo compacto desde o minuto 1 ao 95, moi concentrados porque calquera erro pódeche penalizar”, explicou o adestrador branquiazul.

Por outra banda, o técnico destacou que despois do partido de San Lázaro, o equipo “fixo un cambio de chip, dando un paso á fronte e pasando tanto tempo sen perder e esta semana queremos demostrar de novo esa dinámica”.

Agora, nun encontro no que “poñerse por diante pode achegarte á vitoria, aínda que non sexa decisivo”, o Compos agarda responder as expectativas e seguir sumando de tres unha nova xornada máis. Tocará pelexar nunha caldeira, tras o chamamento realizado polo equipo local á súa afección, pero, co apoio dos afeccionados que veñan desde Santiago, os nosos buscarán saír vitoriosos do Barco de Valdeorras.

CONVOCATORIA

Lucas, Lorenzo; Saro, Cardeñosa, Álvaro Casas, Naveira, Mon, Ube, Samu, Tomás, Álex Ares, Rubén, Róber; Sobrido, Santi e Primo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo, a por unha nova final!!⚽️ 𝐗𝟑𝟐🆚 UD Somozas 🕔 17:00 horas🏟️ Manuel Candocia🎟️ 10€ Entrada Xeral | Gratis Menores de 14 anos🙌 Todos xuntos, a conseguir tres puntos vitais!!#somozascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ A polas tres finais que restan!👉 Os nosos regresan esta tarde ao traballo para preparar o duelo vital deste domingo nas Somozas#somozascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos empatou na casa tras ir por detrás no marcador dúas veces🫂 Todos xuntos, a polas tres finais que restan para poder acadar o obxectivo!!👉 sdcompostela.com/gl/2026/04/19/empate-vero-boquete-compos-2-2/📸 Nacho Castaño #composatléticocoruña ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho⚽️ Valoración do noso técnico tralo empate no Vero Boquete#composatléticocoruña ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔚 FINALCOMPOS 2️⃣-2️⃣ Atl. Coruña Montañeros 📸 Nacho Castaño #composatléticocoruña ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.