Novo duelo matinal en San Lázaro

16 de Marzo de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/0TGpibkVjf8″ video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • O Compos enfróntase a un Céltiga que chega cunha boa dinámica.

  • Os branquiazuis queren manter o liderado unha xornada máis.

Santiago de Compostela, a 16 de Marzo de 2018.

A parroquia branquiazul volverá á vivir un novo partido matinal. Esta vez, debido a que o partido será emitido pola TVG2, San Lázaro abrirá as súas portas para que ás 12.00 horas se viva un emocionante duelo entre o líder, a SD Compostela, e un Céltiga FC que, a pesar de estar na zona quente da táboa, chega cunha gran dinámica.

No encontro do domingo, o Compos tentará repetir o resultado da primeira volta, na que os nosos levaron o triunfo por cinco a cero, pero desde o corpo técnico non se fían e saben que a batalla será complicada.

“É un partido moi difícil, contra un equipo que vén de gañar ao Boiro e Villalbés, cun potencial enorme en canto a xogadores, contrastados moitos na categoría, e que están a pelexar por saír de aí abaixo”, analizou Yago Iglesias en rolda de prensa.

O técnico branquiazul destacou do seu rival a calidade do seu plantel a cal, “a pesar de non render na primeira volta como esperaban, agora si que teñen ese nivel e seguro que nolo poñen difícil, co plus de enfrontarse ao líder e en San Lázaro, por unha banda, e porque o encontro é televisado, pola outra”.

No que respecta a este último aspecto, aínda que obrigue a xogar de mañá, Yago considérao positivo para o club, xa que “nos permite ser máis publicitarios”. Con todo, espera e desexa que “veña a xente que acode habitualmente e que nos apoie como sempre, porque sería fantástico acabar a xornada matinal con catro puntos de vantaxe sobre o segundo, o que lle metería algo de presión”.

A vitoria sería todo un golpe de moral para un conxunto que non se fía do seu calendario, xa que cada partido e cada semana é un mundo, segundo apunta o adestrador. Coas baixas de Tomás e Cardeñosa por sanción, tentarán que os tres puntos queden na casa.

Os branquiazuis queren manter a gran dinámica das mañás e contentar a unha afección que poderá gozar despois das uñas de San Lázaro. Buscamos un combo perfecto para unha nova xornada matinal.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso segundo adestrador!Moitos parabéns, Donnici!!A celebralo esta tarde cunha vitoria no derbi da Lomba 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Arosa SC 👉 Os nosos citados para esta tarde na Lomba#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 Arosa SC 🏟️ A Lomba🕔 17:00 horas🎟️ Tribuna - 20€ | Preferencia - 15€ | Menores de 16 anos - 5€📺 En Xogo 🙌 A polo derbi, xuntos! Queremos unha nova vitoria na Liga!📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.