Vitorias para o Infantil B e Alevín B

26 de Marzo de 2018
  • Catro equipos xogarán esta semana partidos aprazados.

Santiago de Compostela, a 26 de Marzo de 2018.

A xornada da fin de semana deixou unha bagaxe de dúas vitorias e dous empates para as categorías inferiores da SD Compostela. O infantil B e o alevín B foron os conxuntos que conseguiron os tres puntos, os cales lles permiten seguir na parte alta das súas ligas. Por outra banda, catro conxuntos, benxamín, cadete, xuvenil B e infantil A, xogarán esta Semana Santa os encontros aprazados polo temporal Félix.

En primeiro lugar, o filial foi superado polo Touro nun partido moi igualado que se decantou co tanto local no primeiro minuto da segunda parte.

O xuvenil Nacional igualou co Porriño Industrial a un tanto e segue pelexando por saír da zona perigosa. Dario Gontán, na segunda parte, foi o autor do gol local que igualou a vantaxe lograda polos porriñeses.

Pola súa banda, o xuvenil B caeu en Cancelas contra o Dubra por 2-3, a pesar de irse cunha vantaxe de dous goles ao descanso. Marcos Andrade e Schadrac Lonji puxeron en boa disposición aos nosos, pero os visitantes remontaron no segundo tempo. Para responder a este tropezón, os branquiazuis xogarán este xoves ás 12.00 horas, en Santa Isabel, contra o SR Calo.

En canto ao Cadete, o conxunto da base perdeu por 2-1 na súa visita ao Arzúa. Hugo Martínez foi o goleador santiagués. Este mércores ás 11.00 horas, no Municipal do Sergas, tentarán volver sumar contra o Amio SD.

En infantís, o A conseguiu empatar contra o Conxo, un dos conxuntos que se sitúan na parte alta clasificatoria. Os branquiazuis igualaron a dous tantos nun partido de alternativas. O equipo adestrado por Diego Segade repetirá partido este xoves, ás 18.30 horas, contra a UD Bastavales en Cancelas. Mentres, o B superou ao Cire Melide por un claro 0-8 e conseguiu situarse na cuarta praza.

En alevíns, o A perdeu no playoff contra o Fátima por 5-1, conxunto que o supera agora na clasificación, resultado negativo que se compensou coa vitoria do B por 6-2 contra o Villestro.

Por último, o benxamín perdeu contra o líder, o Amio SD, pero tentará contrarrestar esta derrota cun triunfo contra o Milladoiro, hoxe ás 18.30 horas en Cancelas.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Desfrutade desta gran noite que quedou tras este gran +3⃣ na nosa casa 😍 #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #composastorgaO técnico do Compos valorou o importante triunfo na casa e destacou as grandes sensacións mostradas e o fútbol de ataque do equipo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 4️⃣-1️⃣ @AtleticoAstorga⚽️⚽️ Dani González ⚽️ Buba | Unai PeónPARTIDAZO E OS TRES PUNTOS QUEDAN NA CASA 🩵🤍UNHA VITORIA MERECIDA E QUE DESFRUTAMOS XUNTOS 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 3️⃣-0️⃣ Atletico Astorga ⚽️ Buba | Unai Peón | Dani GonzálezQUE GRAN PRIMEIRA METADE DOS NOSOS! 🔥📸 Nacho Castaño #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOU COMPOS 🆚️ Atletico Astorga 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.