Vitorias para o Infantil B e Alevín B

26 de Marzo de 2018
  • Catro equipos xogarán esta semana partidos aprazados.

Santiago de Compostela, a 26 de Marzo de 2018.

A xornada da fin de semana deixou unha bagaxe de dúas vitorias e dous empates para as categorías inferiores da SD Compostela. O infantil B e o alevín B foron os conxuntos que conseguiron os tres puntos, os cales lles permiten seguir na parte alta das súas ligas. Por outra banda, catro conxuntos, benxamín, cadete, xuvenil B e infantil A, xogarán esta Semana Santa os encontros aprazados polo temporal Félix.

En primeiro lugar, o filial foi superado polo Touro nun partido moi igualado que se decantou co tanto local no primeiro minuto da segunda parte.

O xuvenil Nacional igualou co Porriño Industrial a un tanto e segue pelexando por saír da zona perigosa. Dario Gontán, na segunda parte, foi o autor do gol local que igualou a vantaxe lograda polos porriñeses.

Pola súa banda, o xuvenil B caeu en Cancelas contra o Dubra por 2-3, a pesar de irse cunha vantaxe de dous goles ao descanso. Marcos Andrade e Schadrac Lonji puxeron en boa disposición aos nosos, pero os visitantes remontaron no segundo tempo. Para responder a este tropezón, os branquiazuis xogarán este xoves ás 12.00 horas, en Santa Isabel, contra o SR Calo.

En canto ao Cadete, o conxunto da base perdeu por 2-1 na súa visita ao Arzúa. Hugo Martínez foi o goleador santiagués. Este mércores ás 11.00 horas, no Municipal do Sergas, tentarán volver sumar contra o Amio SD.

En infantís, o A conseguiu empatar contra o Conxo, un dos conxuntos que se sitúan na parte alta clasificatoria. Os branquiazuis igualaron a dous tantos nun partido de alternativas. O equipo adestrado por Diego Segade repetirá partido este xoves, ás 18.30 horas, contra a UD Bastavales en Cancelas. Mentres, o B superou ao Cire Melide por un claro 0-8 e conseguiu situarse na cuarta praza.

En alevíns, o A perdeu no playoff contra o Fátima por 5-1, conxunto que o supera agora na clasificación, resultado negativo que se compensou coa vitoria do B por 6-2 contra o Villestro.

Por último, o benxamín perdeu contra o líder, o Amio SD, pero tentará contrarrestar esta derrota cun triunfo contra o Milladoiro, hoxe ás 18.30 horas en Cancelas.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Regresamos á nosa casa este sábado e queremos a vitoria 💪🩵🤍🤝 Partido patrocinado polo Mercado de Abastos de Santiago🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na web#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Semana de liga na nosa casa! 💪Os nosos descansan hoxe e regresarán mañá aos adestramentos para preparar o encontro deste sábado no Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
✍️🩵🤍 CRÓNICA O Compos asalta O Vao e logra o seu primeiro triunfo a domicilio da tempada ⚽ Os nosos fixeron un partido moi completo e conseguiron unha importante vitoria grazas a un penalti provocado e transformado por Buba📸 Nacho Castaño#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Hoxe foi un gran día 😍 #CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #CoruxoComposAnálise do adestrador do Compos despois da gran vitoria dos nosos no derbiO técnico valorou a importancia deste triunfo, as claves do encontro e as sensacións que lle deixou a vitoria no Vao ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.