Hugo González, adestrador biberóns: “Intento transmitirlle aos nenos que teñen que compartir a pelota e que somos un equipo”

24 de Abril de 2018
  • O adestrador canario leva o novo equipo biberón da SD Compostela.

Santiago de Compostela, a 24 de Abril de 2018.

Para que lle coñeza a xente, cal é a súa experiencia no mundo do fútbol? Podería resumir o seu currículo deportivo?

Toda a miña vida estiven vinculado ao fútbol; son de Canarias e como xogador estiven sempre ligado ao Gomera, empezando en categorías inferiores e logo dende Segunda Rexional ata Terceira División. Fai catro anos cheguei a Galicia e fichei polo Bertamiráns, onde estiven dous anos co equipo de Terceira División e de Primeira Rexional. Logo fun ao Xallas de Santa Comba en Preferente, antes de estar un ano sen xogar por rotura de ámbolos dous xeonllos. Esta temporada volvín ao Bertamiráns, pero entre recaídas nas lesións e o traballo non puiden continuar. De adestrador comecei coas categorías inferiores xa no Gomera, sempre con benxamíns. Ao chegar a Galicia empecei cos benxamíns do Negreira, e esta temporada compaxino os biberóns do Bertamirans do ano 2013 cos do Compostela do 2014.

Que é o primeiro que valora nun xogador de tan corta idade?

Con nenos de catro anos non podes prestar atención a moitas cousas; ensinarlle que o balón non se toca coa man, saber en que portería teñen que marcar gol e que dean algún pase é o principal obxectivo, é o único que lle podes pedir a esta idade.

Que valores intenta transmitir como técnico aos seus xogadores?

Sobre todo compañeirismo; os biberóns son moi dados a pensar que a pelota é súa, entón ensínolles sobre todo que a teñen que compartir e que somos un equipo; ao fin e ao cabo son as súas primeiras experiencias en equipo. Con que se respecten, chégame.

Que tipo de fútbol lle gusta para os seus equipos?

Aos biberóns non podes ensinarlles como queres xogar, o obxectivo é que aprendan a tocar, a xogar en equipo, chegar a portería…non só correr para adiante e marcar gol.

Que é o mellor e o máis complicado de traballar con deportistas tan novos?

O máis complicado é que che fagan caso todos á vez, conseguir ter a súa atención. O mellor é a boa fe coa que o fan todo, sen ningunha maldade.

Unha vez dentro, existe algún control para que os deportistas compaxinen o seu crecemento e estudos coa formación futbolística?

Iso é primordial. Nestas categorías o único que me piden os pais é complicidade para que vaian cortar o pelo, portarse ben na casa ou comer certos alimentos, senón vanmo dicir e non van xogar; é un tipo de educación. Se son máis maiores, o normal en calquera club é que se o neno vai mal nos estudos, por moi bo que sexa, deberíase actuar; o fútbol é un premio, se non actúan ben o lóxico é sacarllo.

Que consello lle daría aos nenos que empezan agora e soñan con poder chegar a ser profesionais no mundo do fútbol?

Sobre todo, pasalo ben e gozar cos compañeiros que teñan. Se van saír bos co tempo irase vendo, pero non centrarse dende tan pequenos en selo. A estas idades non se sabe o que pode pasar.

Como debe manexar un adestrador a un xogador que apunta maneiras de “crack”? Que calidades o diferencian do resto de xogadores?

Sobre todo a forma de ver o xogo que teñen: ven pases, ven o que vai pasar…iso vese no neno. Xa non tanto na calidade coa que poidan realizar un pase ou meter un gol, non por regatear a todo o equipo é mellor; hai certos pases, certa colocación no campo que o neno o manifesta independentemente de que cada adestrador lle poida transmitir unha cosa ou outra. Se sendo tan pequenos o conseguen ver, pódense apreciar boas calidades.

Que futbolista consideras un exemplo para as novas xeracións?

Non che vou dicir nin a Cristiano nin a Messi. Polo gusto que teño de equipo de fútbol diríache Joaquín do Betis, por valores diríache Valerón…pero se tuvera que centrarme nun diría Francesco Totti ou Lampard, xogadores que estiveron toda a súa vida nun mesmo club e non lles importou nin o diñeiro nin o nivel do equipo nin nada. Teñen que valorar onde están a gusto e logo está a forma de ser do xogador, que canto máis humilde e honesto sexa mellor lle vai ser.

Para rematar, cales son as principais bases deste proxecto? Que agarda?

O mesmo que espero sempre nos biberóns: ver como empezan que non saben nada e ao final de tempada percibir como son capaces de chegar á outra portería, saber onde meter o gol e empezar a colocarse no campo. Váiselles esixindo segundo van avanzando; de momento, con que consigan iso váleme.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

14 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.