Evento especial para as categorías inferiores

26 de Abril de 2018

Santiago de Compostela, a 26 de Abril de 2018.

Este venres, o Hotel Oca Porta do Camiño, acollerá a partir das 19.00 horas unha cita especial para as categorías inferiores da SD Compostela. Todos os xogadores da base branquiazul asistirán a un evento realizado a medida para eles, que será presentado por Silvia Castiñeiras, xornalista de Correo Tv.

No acto, no que participarán Javier Puñal, como director de marketing do club, Víctor Pazos, como novo responsable da canteira, e Antonio Quinteiro, como presidente da entidade, os nenos e mozos recibirán diferentes premios, participarán en sorteos e acabarán cunha comida final nunha das salas do hotel.

Ademais, tamén estarán presentes un responsable de cada empresa patrocinadora dos conxuntos da base, así como xogadores do primeiro equipo, cada un padriño dun dos conxuntos.

En canto aos premios, un xogador de cada equipo recibirá unha mención especial por ser o mellor compañeiro. Este galardón recibirano despois de que o votasen os membros do seu conxunto.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.